(Vídeo) Barricadas de lume dos traballadores de Alcoa San Cibrao no primeiro día de protestas contra o peche

Unha vintena de traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao, Cervo (Lugo), levantou, desde primeira hora da mañá deste venres, barricadas coa queima de pneumáticos á entrada da fábrica na Mariña lucense para protestar polos despedimentos anunciados.

|

A economía da Mariña mantense en gran medida grazas á factoría, así que é probable unha gran mobilización social, aínda que Alcoa di que só pechará unha das dúas partes do complexo



Unha vintena de traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao, Cervo (Lugo), levantou, desde primeira hora da mañá deste venres, barricadas coa queima de pneumáticos á entrada da fábrica na Mariña lucense para protestar polos despedimentos anunciados.



Protesta dos traballadores de Alcoa San Cibrao nunha foto da CIG




A CIG PIDE DERROGAR A REFORMA LABORAL

Mentres leva a cabo a reunión do comité de empresa, onde se decidirá o calendario de mobilizacións que realizarán a partir de agora para tentar paralizar o peche da planta, por parte do sindicato da CIG instan o Goberno a derrogar a reforma laboral e a aprobar unha tarifa industrial para evitar os despedimentos na factoría da Mariña.

A situación provocada pola comunicación da empresa, da proposición de despedimento para máis de 500 traballadores da planta de aluminio, propiciou numerosas queixas de todos os empregados envorcados en tentar salvar os seus postos de traballo.

O comité de Alcoa San Cibrao reúnese este venres para abordar un plan de mobilizacións co que responder o anuncio da empresa dun despedimento colectivo de 534 traballadores da planta de aluminio en Cervo.


PRAZOS E PROMESAS

Este encontro entre os traballadores para fixar protestas prodúcese tras o anuncio trasladado o xoves por parte de Alcoa de iniciar un período informal de consultas de tres semanas antes de abrir unha negociación formal.

O complexo industrial de San Cibrao está composto por unha planta de aluminio e unha planta de alúmina, que empregan a 633 e 510 persoas respectivamente. A reestruturación prevista na planta de aluminio prevé operar "só unha parte da fundición". Con todo, a compañía asegura que a produción da planta de alúmina "non se verá afectada por este período informal de consultas".






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE