O ex-alcalde de Ortigueira volve facerse viral cun vídeo pedindo a dimisión do Goberno
Iso si, o ex-administrador de Lousas Campo e de Pedra Natural de Muras, de onde veu gran parte da cuarcita para a Cidade da Cultura, non se salta o estado de alarma, xa que protesta na vía de acceso ao seu chalé e non na vía pública.
Moito está a discutirse nas redes sociais sobre as protestas contra o confinamento no Barrio de Salamanca. No medio do debate sobre se esas concentracións son un potencial foco de contagios e se o Goberno está a usar o estado de alarma para recortar liberdades, reaparece un clásico da escena internauta galega, o ex alcalde de Ortigueira.
Campo é un dos personaxes etiquetaxes estes días como #cayetanos
Antonio Campo Fernández, escoltado por dous gaiteiros, saltou á fama en 2006 grazas a unha reportaxe televisiva no que se ía de festa con Pocholo. Toda España falou das súas andanzas na noite de Eivissa,
Agora salta á rede un vídeo do ex-político do PP reclamando a dimisión do Goberno de España. O empresario aparece na súa gran casa de Ortigueira enarborando unha cacerola en solitario.
Iso si, o ex-administrador de Pizarras Campo e de Pedra Natural de Muras, de onde veu gran parte da cuarcita para a Cidade da Cultura, non se salta o estado de alarma, xa que protesta na vía de acceso ao seu chalé e non na vía pública.
Escribe o teu comentario