​(VÍDEO) Así festexan os residentes e traballadores do centro AMICOS superar o coronavirus

19 usuarios do centro e 11 empregados deron positivo por coronavirus o pasado 8 de abril. Un mes despois, e con todos os afectados xa totalmente recuperados da enfermidade, no Fogar de AMICOS celebran a súa vitoria contra o coronavirus. 


|

19 usuarios do centro e 11 empregados deron positivo por coronavirus o pasado 8 de abril. Un mes despois, e con todos os afectados xa totalmente recuperados da enfermidade, no Fogar de AMICOS celebran a súa vitoria contra o coronavirus.



En AMICOS, asociación de atención a discapacitados no Barbanza, celebran o punto e final deste desagradable episodio cun vídeo publicado no seu perfil de Facebook.


Respectando sempre as medidas de protección, usuarios e traballadores de AMICOS deron as grazas en distintos idiomas a “todas aquelas persoas que dunha forma ou outra colaboraron para lograr que superásemos esta etapa da nosa Asociación”.



Só en Galicia, e atendendo ás cifras arroxadas desde Política Social, hoxe aínda permanecen activos 51 casos de coronavirus de usuarios de centros de atención a discapacitados. A maior parte de casos concéntranse no CAPD da Coruña, con 14 enfermos, e no centro Pai Menni de Betanzos, con 12 contaxiados. Pola súa banda, no referido ao número de traballadores afectados, a día de hoxe son 21 os casos aínda activos na comunidade


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE