Vídeo de exercicios para pacientes de coronavirus lanzado polo SERGAS

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) editou un vídeo con táboas de exercicios centrados na recuperación respiratoria de pacientes con COVID-19.

|

O servizo de Rehabilitación e Medicina Físca do CHUVI acaba de montar un vídeo na que os técnicos explican con exemplos unha serie de exercicios de rehabilitación respiratoria para enfermos de COVID-19 


Segundo trasladou a xerencia da área Sanitaria nun comunicado, a proposta, desenvolta por facultativos do servizo de Rehabilitación e Medicina Física, está destinada a persoas que non presentan síntomas graves e que se atopan illadas nos seus domicilios ou nun centro hospitalario.


Sergas coronavirus rehabilitaciu00f3n



En concreto, o vídeo púxose ao dispor dos seus destinatarios na canle de Youtube da área Sanitaria de Vigo e inclúe exercicios que se recomendan realizar dúas veces ao dí


Deste xeito, os doutores Rubén Ouviña e Elena Fernández-Castañón realizan os distintos exercicios propostos e describen cada un dos movementos no vídeo. Para iso, utilizan materiais sinxelos de adquirir, como botellas e un vaso de auga, entre outros.


TIPOS DE EXERCICIOS

Os facultativos explicaron que esta iniciativa, desenvolta no Chuvi, busca axilizar a recuperación dos pacientes con COVID-19, aos que tamén permite variar a súa rutina. Así, na táboa inclúense exercicios de respiración diafragmática, limpeza bronquial, ventilación costal, expansión torácica, control ventilatorio, tonificación e fortalecemento muscular en respiración, así como nos membros inferiores do corpo.

Tamén se recomendou aos pacientes que se poñan en contacto cos seus médicos se senten dor, fatiga ou mareo ao realizar estes exercicios, que, segundo sinalouse, permiten previr complicacións ao exercitar os pulmóns. Ademais, o doutor Ouviña apuntou que os pacientes poden realizar estes exercicios en solitario.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE