O proxecto do Novo Hospital de Vigo (NHV) ía ser a gran solución ao desequilibrio entre norte e sur de Galicia en canto prestacións de sanidade pública. En 2009 todo parecía truncar tras a chegada do PP á Xunta e a súa freada ao proxecto, pero este foi retomado e inaugurado en 2015. Con todo, a idea inicial quedou no recordo e ao final o que ía ser un centro de referencia acabou ofrecendo menos camas e menos servizos dos previstos. A nove anos da súa inauguración, o Consello de Contas daba a coñecer que o centro acabou arroxando un sobrecusto de 470 millóns de euros
A situación das Escolas de Educación Infantil de Mesía, tal e como denuncian as familias a Galiciapress , é un exemplo das manobras da Xunta que provocan o peche dalgunhas escolas rurais ou dun servizo máis precario para os estudantes. "A Xunta está totalmente en contra das escolas unitarias", critican.
O alcalde explicou que o Grupo Socialista tamén exporá ao a Xunta e á Consellería de Educación que non peche a aula de cuarto de infantil do Colexio Balaídos ao considerar que "vai empeorar a calidade educativa e vai baixar o número de profesores"
Nunha nota de prensa, expón que a Atención Primaria "segue en crise" por "falta de orzamento, de persoal e de equipamento"
O Goberno de Galicia insiste en que a subida do canon débese ás decisións do Goberno de España.
O sindicato sinala que a contratación de MIR de último ano está a afectando á formación dos futuros médicos.
O Camiño de Santiago pode ver ameazada a súa declaración como Patrimonio Mundial si tanto Altri como a mina de Touro ponse en funcionamento. Voces vinculadas ao patrimonio e á economía xerada polo Camiño avisan que a actividade xerada por estes dous focos industriais degradaría tanto física como patrimonialmente a ruta xacobea no seu último traxecto antes de chegar a Santiago
José María Gómez e Díaz-Castroverde ve posible esta situación dado "o número alto de alegacións que hai" contra os trámites administrativos da propia planta
Esta é a segunda gran manifestación en contra deste proxecto, despois da multitudinaria marcha que percorreu as rúas de Palas de Rei o pasado mes de maio.
O futuro do sector marisqueiro e dos pobos mariñeiros está en risco pola inacción do goberno de Alfonso Rueda", lamentou Juio Abalde, que anunciou que os socialistas levarán esta semana ao pleno varias iniciativas
#Kafkiano! A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia vén de elaborar un informe onde recolle 13 medidas para solucionar a problemática da Atención Sanitaria na Galicia: desde o aumento de orzamento, garantir a accesibilidade aos Centros de Saúde, ampliar a Carteira de Servizos para dar unha Atención Integral, combater a medicalización, políticas de persoal incentivadoras para todas as categorías, acabar coa precariedade e a inestabilidade laboral, mellorar a formación do persoal e avaliar as innovacións que se produciron nos últimos anos, etc. Temos xestores da nada, sempre pondo escusas para non ter os medios: materiais e humanos necesarios, para que teñamos unha sanidade de calidade.
O tema foi abordado na orde do día a petición destas organizacións, unha cita á que volveron a dar plantón entidades ecoloxistas en protesta ante a falta de análise sobre os efectos de parques eólicos por parte da Xunta
Sanidade tamén aceptou intervir novamente no abono de todas as nóminas de maio antes do día 1 de xuño, empregando a mesma fórmula que se usou o mes pasado
A Voz daa Sanidade de Cangas volveu a mobilizar, como cada martes, desde o 21/11/2023, para denunciar os problemas estruturais que sofre a AP: o consultorio de Ou Hío segue pecho, a consulta de tarde de pediatría non está cuberta, faltan recursos en saúde mental, non se cobren as ausencias do persoal e a necesidade dunha ambulancia de soporte vital avanzado para a comarca.
Agora será 12 o número de consellerías, ao crear un departamento específico de Cultura, Lingua e Xuventude, á fronte do cal estará o alcalde da Estrada, José López Campos. Todos os integrantes do novo executivo autonómico tomarán posesión este luns 15 de abril
Ningún político próximo a Rueda dá pistas sobre quen podería formar parte do novo gabinete da Xunta aínda que soen nomes en voz alta
No seu discurso, o presidente da Xunta incidiu en que cree no "diálogo, o espírito de cordialidade e o consenso" como claves para avanzar, ademais da unidade. "Porque é na concordia onde Galicia se recoñece especialmente"
O ministro Puente representará ao Goberno nun acto ao que acudirán Feijóo, Rajoy e catro presidentes autonómicos
A deputada da formación nacionalista Alexandra Fernández remarcou o "brutal incremento de prezos" en Galicia, "especialmente" en ámbitos urbanos e zonas con presión turística
O director do Proxecto GAMA de Altri, Bruno Dapena, tratou de tranquilizar nunha entrevista as dúbidas medioambientais que rodean a Altri, que usará "madeira galega certificada, de proximidade".