CSIF advirte do peche de camas e a falta de médicos e enfermeiros no verán: "Hai risco de colapso"

O sindicato sinala que a contratación de MIR de último ano está a afectando á formación dos futuros médicos. 


|

Archivo - Una señora espera en silla de ruedas en el Complexo Hospitalario Universitario durante la tercera jornada de la huelga de médicos gallegos, a 13 de abril de 2023, en Ourense, Galicia (Espa
Foto: EP

 

Camas pechas, centros de saúde coa chave botada, operacións que se pospoñen... Esta é a radiografía parcial da sanidade galega no verán, tal e como debullan desde a Central Sindical Independente e de Funcionarios, que vén de enumerar as carencias do sistema en cada comunidade autónoma durante a tempada estival e que en Galicia debuxa un escenario moi negativo.

 

"RISCO DE COLAPSO"

Cos persoais baixo mínimos polas vacacións e as baixas, desde a CSIF mencionan as medidas postas en marcha pola Xunta que inclúen, ademais do traslado de médicos a zonas costeiras onde se multiplica o número de habitantes pola chegada de turistas, a contratación de médicos residentes no seu último ano de formación, algo que o sindicato ve "con preocupación" porque se está realizando "sen supervisión presencial". 

 

Para CISF, a administración vai "tarde" coa súa proposta, tendo en conta que "centros de saúde e hospitais non dispoñen do persoal de sanidade suficiente para cubrir vacacións e reforzar as zonas turísticas máis tensionadas e evitar o seu colapso". Tamén lembran que o SERGAS está a experimentar problemas, mesmo, para contratar persoal de enfermaría.

 

O peche de camas ou atrasar probas e operacións non urxentes terán o seu eco no futuro inmediato. "Isto terá como consecuencia o incremento das listas de espera e o risco de colapso nas zonas turísticas máis tensionadas", advirten.

 

SEN PEDIATRAS, SEN CENTROS RURAIS...

"Hai provincias, como a de Lugo, onde pecharon todos os consultorios rurais e no resto de provincias, de ámbito rural, tamén se produciron peches totais nalgúns casos ou acumulación da actividade para as mañás. Esta situación, tendo en conta o envellecida que está a poboación nesas zonas, provoca enormes trastornos, ao ver obrigados a desprazar a centros de referencia", detalla o sindicato.

 

Por outra banda, indican que nas zonas costeiras, hoxe moi tensionadas, existen áreas nas que non se está reforzando a ausencia de persoal, como en Pediatría. "O propio conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, non negou as complicacións deste verán en primaria durante unha comparecencia parlamentaria, unha situación que non é nova e só constata unha vez máis o déficit de persoal e a urxente necesidade de crear máis prazas de médicos MIR de Familia", resuleven desde CSIF.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE