O fin do imposto sobre herdanzas, que antes pagaban os patrimonios maiores a 400.000 euros e agora só os superiores ao millón de euros, é outra das novidades fiscais a nivel autonómico para 2020.
O presidente da Xunta e lider dos populares galegos actualizou o seu patrimonio, en onde conta con diversos inmobles e case 119.000 euros na súa conta corrente, do mesmo xeito que Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, que tamén declarou ter case 230.000 euros na súa conta corrente, ademais dun piso en Vigo. Outros líderes da oposición, como Ana Pontón ou Luís Villares, non actualizaron o seu patrimonio este ano e as últimas modificacións datan de 2017 e 2018 respectivamente.
Desde a plataforma 'Queremos Galego' hai convocadas concentracións para este xoves 19 de decembro ás 20 h en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo
PSdeG e En Marea cargan contra a Xunta por favorecer a entrada do sistema privado en Galicia mentres as tres universidades públicas galegas maniféstanse en contra o anteproxecto de ABANCA.
A administración sanitaria Galega é a garante de que a Atención Primaria, sexa de calidade. 3
Endesa parece dar marcha atrás no seu plan para pechar As Pontes de forma definitiva en 2022 e xa comezou a estudar as alternativas que permitan manter a actividade no complexo galego. Desde a administración autonómica han deixado claro que só admiten como solución a reactivación da planta e desde o Goberno das Pontes ven como o anuncio “xera un pouco máis de optimismo”.
“Non hai pediatras", “risco para as nais e os bebés” ou “un Ministerio de Sanidade en funcións que dá igual que exista coma se non” son algúns dos argumentos que utilizou Feijóo para escusar o peche dun servizo que obriga ás mulleres embarazadas ou aos nenos e nenas que teña que acudir ao pediatra en Verín a viaxar, como mínimo, unha hora en coche para recibir a atención médica en Ourense.
Respondendo as preguntas de Galiciapress, o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo preferiu non entrar a valorar os labores de rescate realizadas ata a data para tentar sacar ao petroleiro Blue Star da costa de Ares. O mandatario autonómico referiu que non a súa executiva non emitirá unha valoración “ata que o buque salga da zona”.
A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en marcha, xunto outros colectivos, unha campaña para pedir á Xunta de Galicia que invista para que plataformas como Movistar+ oferten os seus contidos con series dobradas e subtituladas en galego.
En contra do que opina o Presidente da Xunta de Galicia (A. Núñez Feijoo), a desigualdade de xénero ten en Galicia, como en España, causas fundamentalmente políticas.
Investigadores galegos, "todos eles doutores e a maioría cum laude", que veñen de participar nun proceso de concurso da Xunta que ofertaba 46 prazas para investigación en universidades e centros de investigación da comunidade, denuncian que desde a administración galega realizaron dita convocatoria "sen ningunha garantía, transparencia e violando tanto cláusulas da propia convocatoria como a reserva de prazas para discapacitados".
"A supresión de partos en Verín é discriminación postiva para o medio rural", argumentou o xerente do SERGAS de Ourense, Félix Rubial, tras a polémica decisión de pechar o paritorio do Hospital de Verín. Non o entende así Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde quen, en declaracións a Galiciapress, táchao de "atentado contra os dereitos das mulleres". O edil chama á cidadanía para participar na manifestación convocada para o sábado 30 de novembro ás 17 horas na fachada do complexo hospitalario.
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, esixiu a Endesa e ao Goberno central "claridade" e "medidas" para garantir a reactivación da central térmica das Pontes (A Coruña), un día despois de que a empresa dese a coñecer a súa previsións de que a vida desta planta non vaia máis aló de 2022.
A decisión do SERGAS de pechar o servizo de paritorios do Hospital de Verín espertou o rexeitamento das plataformas en defensa da sanidade pública e dos grupos da oposición do Parlamento de Galicia. Todos eles conclúen que esta política de recortes responde o "desmantelamento" da sanidade pública e piden o cesamento de Ruibal á fronte da xerencia do SERGAS en Ourense.
Desde os sindicatos reclaman a recuperación dos horarios lectivos de 21 horas para a Educación Primaria e de 18 horas no caso da Secundaria.