​Máis denuncias de que as oposicións sociais da Xunta son unha "broma" para enchufar algúns interinos

Opositores e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia critican á Xunta por un sistema de concurso-oposición ideado a beneficiar aos traballadores interinos que aspiran a unha praza fixa, algo que tamén suscitou queixas das Xuventudes Socalistas. Os aspirantes critican que non contan os cursos que non sexan da EGAP e que a experiencia fóra da Xunta conta "nada ou case nada". "É unha broma", lamentan.



|

Opositores e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia critican á Xunta por un sistema de concurso-oposición ideado a beneficiar aos traballadores interinos que aspiran a unha praza fixa, algo que tamén suscitou queixas das Xuventudes Socialistas. Os aspirantes critican que non contan os cursos que non sexan da EGAP e que a experiencia fóra da Xunta conta "nada ou case nada". "É unha broma", lamentan.


Estudantes en exames de oposicións

Opositores ante un exame 


Desde o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia mostraron o seu descontento pola decisión da Xunta de considerar que as titulacións de educación social e pedagoxía son equivalentes á dun traballador social titulado. Para o Colexio Oficial isto supón un "grave e pernicioso erro" por parte do goberno autonómico contra a profesión.


O COTSG arremete contra o Goberno ante a "falsidade dos datos poblicados pola Xunta de Galicia", á que solicitaron que rectificase e non puxese as tres titulacións ao mesmo nivel, o que dá acceso aos educadores sociais e pedagogos a acceder ás oposicións destinadas aos traballadores sociais. "A única titulación equivalente ao Grao en Traballo Social é a Diplomatura en Traballo Social", sentencian desde o COTSG no escrito emitida á Xunta.


"NUNCA SE VIU NADA IGUAL"

Pero á Xunta non só lle choven críticas por parte do Colexio. Opositores a unha das prazas ofertadas para os traballadores sociais tamén denuncian irregularidades no proceso. "Entran moi poucos temas, o exame é só tipo test sen caso práctico, pódense presentar pedagogos e educadores sociais...es unha broma. Nunca se viu nada igual", lamenta un dos aspirantes aos postos de traballador social.


Os opositores por libre, segundo recollen as súas denuncias, parten en clara desvantaxe fronte aos interinos non só pola experiencia que acumulan e que lles outorga máis puntos á hora de opositar, xa que aqueles que concorren ao proceso lamentan que a experiencia obtida fóra da Xunta non conta "nada" ou "case nada". "Non contan cursos fóra da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) ou parecidos", critican os opositores.


RESPOSTA DE XUNTA, SINDICATOS E INTERINOS

O caso das oposicións de traballadores sociais é un reflexo do que pode estar a pasar en moitas outras oposicións de sectores que van desde a sanidade ata a educación. A pesar das críticas e as recollidas de firmas, desde a Xunta deféndense das queixas dos opositores alegando en que o procesos para obter a praza, referíndose ao sistema de concurso-oposición, son os "habituais", algo no que tamén se escudan desde os sindicatos, cos que o Goberno asinou un acordo para que se valoren os méritos de antigüidade e formación.  


Na mesma liña, os afectados denuncian a inoperancia da Dirección Xeral de Función Pública, o departamento responsable das oposicións e que non lles ofreceu apoio nas súas reivindicacións.


Pola súa banda, Pedro Landeira, presidente do colectivo de interinos da Xunta e membro de CSIF, xustifica en declaraciońs a La Voz que "aínda que entende o cabreo" dos seus colegas, os interinos teñen que "traballar e estudar", o que os prexudica fronte a aquelas persoas recentemente tituladas que poden dedicar máis tempo ao estudo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE