Opositores e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia critican á Xunta por un sistema de concurso-oposición ideado a beneficiar aos traballadores interinos que aspiran a unha praza fixa, algo que tamén suscitou queixas das Xuventudes Socalistas. Os aspirantes critican que non contan os cursos que non sexan da EGAP e que a experiencia fóra da Xunta conta "nada ou case nada". "É unha broma", lamentan.