O traballo social desde unha perspectiva feminista o Día Mundial do Traballador Social
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia celebrará unhas xornadas onde se abordará a profesión desde unha perspectiva feminista.
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia celebrará unhas xornadas onde se abordará a profesión desde unha perspectiva feminista.
Con motivo do Día Mundial do Traballo Social, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) centrará os actos dese día na situación do panorama para as mulleres na profesión desde unha perspectiva feminista, un punto de vista que consideran “fundamental na intervención que facemos desde o Traballo Social”.
As xornadas técnicas, do venres 22 de marzo no edificio Cersia de Santiago de Compostela, estarán impartidas por expertos como Elena Molanes, directora do CEMVI, ou a traballadora social especialista en violencia de xénero Chus Oliverales.
Na mesma liña, un grupo de alumnos do Grao de Traballo Social “narrará experiencias de concienciación e intervención desde unha perspectiva feminista”, tal e como informa a nota do Colexio Oficial.
Ademais, os actos estarán amenizados coa actuación musical de Silvia Penide e celebrarase a entrega de premios na modalidade de ‘Boas Prácticas e TFG/TFM”, xunto cunha homenaxe para as persoas que levan 25 anos colexiadas.
Escribe o teu comentario