Desde a plataforma 'Queremos Galego' hai convocadas concentracións para este xoves 19 de decembro ás 20 h en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo
PSdeG e En Marea cargan contra a Xunta por favorecer a entrada do sistema privado en Galicia mentres as tres universidades públicas galegas maniféstanse en contra o anteproxecto de ABANCA.
A administración sanitaria Galega é a garante de que a Atención Primaria, sexa de calidade. 3
Endesa parece dar marcha atrás no seu plan para pechar As Pontes de forma definitiva en 2022 e xa comezou a estudar as alternativas que permitan manter a actividade no complexo galego. Desde a administración autonómica han deixado claro que só admiten como solución a reactivación da planta e desde o Goberno das Pontes ven como o anuncio “xera un pouco máis de optimismo”.
“Non hai pediatras", “risco para as nais e os bebés” ou “un Ministerio de Sanidade en funcións que dá igual que exista coma se non” son algúns dos argumentos que utilizou Feijóo para escusar o peche dun servizo que obriga ás mulleres embarazadas ou aos nenos e nenas que teña que acudir ao pediatra en Verín a viaxar, como mínimo, unha hora en coche para recibir a atención médica en Ourense.
Respondendo as preguntas de Galiciapress, o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo preferiu non entrar a valorar os labores de rescate realizadas ata a data para tentar sacar ao petroleiro Blue Star da costa de Ares. O mandatario autonómico referiu que non a súa executiva non emitirá unha valoración “ata que o buque salga da zona”.
A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en marcha, xunto outros colectivos, unha campaña para pedir á Xunta de Galicia que invista para que plataformas como Movistar+ oferten os seus contidos con series dobradas e subtituladas en galego.
En contra do que opina o Presidente da Xunta de Galicia (A. Núñez Feijoo), a desigualdade de xénero ten en Galicia, como en España, causas fundamentalmente políticas.
Investigadores galegos, "todos eles doutores e a maioría cum laude", que veñen de participar nun proceso de concurso da Xunta que ofertaba 46 prazas para investigación en universidades e centros de investigación da comunidade, denuncian que desde a administración galega realizaron dita convocatoria "sen ningunha garantía, transparencia e violando tanto cláusulas da propia convocatoria como a reserva de prazas para discapacitados".
"A supresión de partos en Verín é discriminación postiva para o medio rural", argumentou o xerente do SERGAS de Ourense, Félix Rubial, tras a polémica decisión de pechar o paritorio do Hospital de Verín. Non o entende así Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde quen, en declaracións a Galiciapress, táchao de "atentado contra os dereitos das mulleres". O edil chama á cidadanía para participar na manifestación convocada para o sábado 30 de novembro ás 17 horas na fachada do complexo hospitalario.
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, esixiu a Endesa e ao Goberno central "claridade" e "medidas" para garantir a reactivación da central térmica das Pontes (A Coruña), un día despois de que a empresa dese a coñecer a súa previsións de que a vida desta planta non vaia máis aló de 2022.
A decisión do SERGAS de pechar o servizo de paritorios do Hospital de Verín espertou o rexeitamento das plataformas en defensa da sanidade pública e dos grupos da oposición do Parlamento de Galicia. Todos eles conclúen que esta política de recortes responde o "desmantelamento" da sanidade pública e piden o cesamento de Ruibal á fronte da xerencia do SERGAS en Ourense.
Desde os sindicatos reclaman a recuperación dos horarios lectivos de 21 horas para a Educación Primaria e de 18 horas no caso da Secundaria.
Mentres isto sucedía, 206 persoas de TODOS os estamentos da Atención Primaria levan traballando 6 meses nas 15 Comisións Técnicas creadas pola Consellería de Sanidade no marco da Mesa de Diálogo solicitada polos Sindicatos e o Comité de Folga, en abril do 2019: o chamado Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia.