Mil persoas toman as rúas en Cedeira para reclamar un pediatra, co máis próximo a 15 quilómetros

A xornada deste domingo estivo marcada en Cedeira pola manifestación de sanidade que levou a un milleiro de persoas, segundo os convocantes da protesta, ás rúas para reclamar a recuperación do servizo de pediatría na localidade.

|

A xornada deste domingo estivo marcada en Cedeira pola manifestación de sanidade que levou a un milleiro de persoas, segundo os convocantes da protesta, ás rúas para reclamar a recuperación do servizo de pediatría na localidade.


Manifestantes en Cedeira pola recuperación do servizo de pediatría

A plataforma 'En Cedeira pediatra xa!' encargouse de convocar esta manifestación que durante a mañá percorreu as rúas da vila pesqueira a berro de: 'Pediatra xa en Cedeira'; un lema para "reclamar o que é dos veciños", asegura o colectivo.

Cedeira non é a primeira poboación do territorio galego que se manifestou pola ausencia dun profesional pediátrico no centro de saúde municipal, senón que se suma ás recentes reivindicacións doutros pobos de Ferrolterra, Ortegal, A Mariña ou Costa da Morte.

Neste caso, na protesta lembrouse que desde que a pediatra que traballaba no centro de saúde foise de baixa, "o Sergas puxo parches enviando algún día da semana un facultativo" o que acabou "derivando na ausencia total de pediatría".


"GARANTIR DEREITOS"

Para atender aos nenos do concello, os cedeirenses percorren 15 quilómetros ata o municipio de Valdoviño que, a xuízo dos protestantes, está "saturado", polo que acaban desprazándose ata Ferrol, a 30 quilómetros do centro de saúde que lles corresponde.



Por este motivo demandan á Xunta que se "garanta o dereito das súas fillas e fillos a recibir atención pediátrica" nos seus centros sanitarios. Para eles non é válido o argumento de que "non hai pediatras", polo que advirten que "non caerán nese enredo".

Esixen á Administración autonómica "solucións" porque "non pode haber cidadáns de primeira e de segunda" só polo feito de vivir no rural, xa que "en Cedeira tamén se pagan impostos e precísanse estes servizos".

A "revolución dos chupetes", como así destacaron os protestantes nun manifesto, "non permitirá que se xogue coa saúde" dos nenos e as nenas. "A restitución ao 100% da atención pediátrica na vila é irrenunciable e a única solución", sentenciaron.



55 MAREA BRANCA

Por outra banda, como cada mes, o colectivo Marea Branca celebrou unha concentración no Obelisco da Coruña ás 12,30 horas deste domingo para protestar "contra a deterioración, o desmantelamento e a precariedade" da sanidade pública.

Censuran que "Feijóo regale por 3,5 millóns de euros o Hospital Xeral Cíes a unha compañía de sanidade privada" e por ese motivo a organizadora tachou de "ladróns" a vos que queren "vender a sanidade".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE