​Sánchez promete arrebatar o Pazo de Meirás de mans da familia Franco no seu discurso de investidura

Durante o debate de investidura o líder socialista ha prometido que o seu Goberno “auditará os bens expoliados polo franquismo” e que o primeiro de todos eles será o emblemático Pazo de Meirás. 


|

Durante o debate de investidura o líder socialista ha prometido que o seu Goberno “auditará os bens expoliados polo franquismo” e que o primeiro de todos eles será o emblemático Pazo de Meirás.


Pazo De Meirás

Pazo de Meirás


A disputa pola propiedade do inmoble de Sada atópase a día de hoxe nos tribunais nun proceso no que están inmersas institucións como a Xunta ou o Concello de Sada que buscan a devolución do pazo a patrimonio público. A intervención do Estado podería devolver dunha vez por todas a antiga residencia de Emilia Pardo Bazán a mans dos galegos e as galegas.




Esta é unha das moitas medidas que anunciou Pedro Sánchez para continuar co que denominou “camiño de reparación”, un carreiro iniciado coa exhumación dos restos do ditador Francisco Franco do Valle dos Caídos.


Ademais de Meirás, a coruñesa Casa Cornide é outra das propiedades que a familia Franco posúe en Galicia de forma, canto menos, polémica. Outro proceso está aberto relacionado coa Casa Cornide pola ocupación simbólica do inmoble por parte membros do BNG en 2017. 


Se o goberno progresista cumpre as súas promesas, a Casa Cornide podería volver a ser propiedade dos galegos e as galegas, do mesmo xeito que a antiga residencia de Emilia Pardo Bazán e as estatuas do Mestre Mateo de Isaac e Abraham, que tamén se atopan nunha encarnizada disputa xudicial entre o consistorio de Santiago de Compostela e os Franco. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE