​"Pechar o paritorio do Hospital de Verín é un atentado contra os dereitos das mulleres"

"A supresión de partos en Verín é discriminación postiva para o medio rural", argumentou o xerente do SERGAS de Ourense, Félix Rubial, tras a polémica decisión de pechar o paritorio do Hospital de Verín. Non o entende así Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde quen, en declaracións a Galiciapress, táchao de "atentado contra os dereitos das mulleres". O edil chama á cidadanía para participar na manifestación convocada para o sábado 30 de novembro ás 17 horas na fachada do complexo hospitalario.


|

"A supresión de partos en Verín é discriminación postiva para o medio rural", argumentou o xerente do SERGAS de Ourense, Félix Rubial, tras a polémica decisión de pechar o paritorio do Hospital de Verín.  Non o entende así Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde quen, en declaracións a Galiciapress, táchao de "atentado contra os dereitos das mulleres". O edil chama á cidadanía para participar na manifestación convocada para o sábado 30 de novembro ás 17 horas na fachada do complexo hospitalario.


WhatsApp Image 2019 11 28 at 12.18.43

Diego Lourenzo Moura (BNG) atendeu a Galiciapress


"É un atentado contra os dereitos das mulleres para dar a luz nun hospital próximo á súa casa". Así de contundente móstrase Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde polo BNG no Concello de Verín, que despois de atender as reclamacións dos veciños de Verín e arredores ve como o SERGAS segue adiante co seu plan de pechar o  servizo de paritorio do Hospital de Verín, unha medida que xa puxo coas orellas de punta a outras áreas sanitarias,  a pesar das innumerables protestas de veciños, afectados e plataformas sociais que piden á Xunta que rectifique nesta medida. 


APOIO Á MANIFESTACIÓN

Desde o consistorio de Verín argumentan que esta decisión só é unha máis da " política de recortes paulatina" que está a levar a cabo o Goberno de Galicia desde hai tempo. Lourenzo manifesta que desde o goberno verinés "sempre" estiveron "á beira dos veciños nas súas reivindicacións" en materia sanitaria e nesta ocasión súmanse ás protestas e á manifestación convocada para sábado, a cal confían que sexa "masiva".


En cifras,  Lourenzo confía en "duplicar" o número de asistentes que acudiron á anterior manifestación en defensa da sanidade pública en Verín, que xa de seu foi "moi numerosa". "Os movementos sociais son os que conseguen reverter este tipo de situacións e agardo para sábado unha gran manifestación onde a xente de Verín e a comarca únase, porque é a única forma de lograr que se dea marcha atrás na medida é a presión social e popular", expón o tenente de alcalde.


"RESPONSABILIDADE"

O nacionalista apela á "responsabilidade" e argumenta que nesta situación " o responsable é que as mulleres teñan un servizo de calidade e de proximidade na súa concello" para evitar que "moitas mulleres, non só de Verín, senón de toda a comarca" estean "condenadas" a ter que desprazarse "ata Ourense para poder dar a luz".


Desde o goberno verinés consideran que a reacción dos veciños é "un exemplo", xa que a xente, "sen atender ás súas ideas políticas ve que os seus servizos están a recortarse e que é necesaria unha gran preocupación social". " É un dos movementos máis numerosos que se deron en Verín e na comarca e as administracións deben tomar boa nota de iso", recalca Lourenzo.


A PINGA QUE COLMA O VASO

" Esta manifestación -a do sábado 30 de 17h- xa estaba convocada antes do anuncio do peche do partitorio", comenta o nacionalista, xustificando que esta só é a consecuencia lóxica duns recortes que veñen sendo frecuentes na área sanitaria afectada.


Mani




"Hai unhas listas de esperas moi numerosas que se desinflan enviando á xente á concertada ou á privada.; no servizo de dermatoloxía do Hospital de Verín quedamos sen un dermatólogo e leva meses sen substituírse; vemos como non se cobren as vacantes ou como os veciños teñen que ir a Ourense para consultas que son fundamentais...", reclaman desde o Goberno de Verín, xustificando que o peche do paritorio é "a pinga que colmou o vaso". Unha pinga que, ademais, trae consigo a eliminación da praza de pediatría do hospital comarcal.


" Denunciamos estas políticas de recortes e esiximos á Xunta que as reverta", conclúe Lourenzo, que o sábado estará xunto aos afectados por unha decisión que, se ninguén o remedia, deixa aos máis de 25.000 afectados polos recortes sanitarios na área de Verín como os últimos da súa especie, porque na zona queda clausurada a opción de traer a alguén ao mundo para partir do 1 de decembro. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE