Oportunidade para vivir a transhumancia nos Ancares cos últimos pastores de vacas de Galicia

A cooperativa lucense A Carqueixa convida aos interesados a sumar a esta iniciativa. 


|

Trashumancia1
Foto: A Carqueixa

 

Polos Ancares lucenses pastaron durante miles de anos os rabaños que sostiveron as economías domésticas das poboacións de toda esta serra, hoxe catalogada como unha Reserva da Biosfera. En 2026 este é un modo de vida que quedou reducido a uns poucos pastores, algúns deles reunidos na cooperativa A Carqueixa, que convida o público a participar na transhumancia tradicional da primavera.

 

 

UNHA RUTA DE 20 QUILÓMETROS

A transhumancia é unha práctica gandeira que consiste no traslado estacional dos rabaños entre diferentes zonas xeográficas segundo a época do ano, buscando os mellores pastos. As choivas e o desxeo axudan a poboar de verde os montes, por onde os últimos pastores trashumantes da zona dirixen ás vacas nunha contorna de ilusión.

 

Trashumancia2
Foto: A Carqueixa

 

Desde a cooperativa lanzan unha proposta aos interesados a participar nesta viaxe, que definen como "unha experiencia única e irrepetible", formando parte dunha "tradición milenaria que está a piques de desaparecer" e coa que "aínda que sexa por un día" formar parte deste xeito de vida.

 

 

Cada vez son menos os lugares onde aínda se traslada o gando dun lugar a outro e os que se acheguen a coñecer esta proposta poderán ver de primeira man o modo de vida destes gandeiros da man de Lucía, membro da cooperativa, e Toño, que preside a mesma. 

 

Tarshumancia4
Foto: A Carqueixa


A través da inscrición na web, a iniciativa pretende, cun percorrido de 20 quilómetros acompañados dunha persoa titulada en sendeirismo para garantir a seguridade e o acompañamento profesional, pór en valor a xoia paisaxística e ecolóxica dos Ancares, xunto cunha degustación de comida tradicional que achegarán os pastores. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE