"Se os médicos mándannos, nós obedecemos"

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

Os médicos e médicas profesionais da Sanidade Pública en Galicia, que traballamos en Atención Primaria, levamos moitos anos dicíndolle aos conselleiros e conselleiras de sanidade de quenda e ao Sr. Feijóo unha serie de problemas que existen na Atención Primaria: a resposta sempre foi negativa. Mente máis que fala. Para demostralo, indico a continuación 14 puntos (que poderían ser moitos máis...) que levamos reivindicando anos e seguen sen cumprirse (E Feijóo sábeo!).


            1. Educación Sanitaria para a poboación, para facer un bo uso (e non abuso) do Sistema Sanitario Público Gallego (concretamente da Atención Primaria).

            2. Axendas de non máis de 30 pacientes diarios.

            3. 10 minutos por paciente (de forma voluntaria, se así o considera cada Médico e Médica).

            4. Que a administración poña en marcha mecanismos para a atención aos e as pacientes sen cita.

            5. Que a administración sexa transparente e móstrenos o censo real de traballadores do Sistema Sanitario Público Gallego (en concreto o número de vacantes actualmente e as necesidades de cubrir as prazas ofertadas pola Consellería).

            6. Planificación para os próximos anos polas xubilacións que se esperan e a posta en marcha de medidas para que non teñamos máis déficits de persoal.

            7. Modificación do programa informático TAO (Anticoagulación) e facelo coherente.

            8. Información actualizada dos Certificados Médicos que debe facer o persoal médico, e cales non. Información ás diferentes consellerías: educación, deportes, campo, mar, etc… para que deixen de solicitar certificados médicos que non valen para nada.

            9. Creación das prazas, na OPE, que de verdade necesita o Sistema Sanitario en Atención Primaria.

            10. Solicitar as probas diagnósticas en todas as xerencias por igual.

            11. Que en todos os servizos de especializada, teñamos a posibilidade de solicitar unha primeira consulta presencial.

            12. Que as e-consultas sexan contestadas nos próximos 5 días.

            13. Evitar as cotas superiores a 1.250 TIS por Médico/a.

            14. Que non teñamos lista de espera en AP redimensionando as cotas e substituíndo a  todos os e as profesionais ausentes.


O día 11 de decembro, e no Consello Técnico de AP de Galicia, teremos as conclusións das Comisións Sectoriais encargadas de elaborar o Novo Modelo de AP de Galicia e en función do que faga a administración sanitaria en Galicia, así actuaremos, na reunión da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.


A administración sanitaria Galega é a garante de que a Atención Primaria, sexa de calidade. Para iso ten que ser consciente dos problemas actuais da mesma e poñerlles remedio. Das medidas que expoñemos, algunhas non levan custo económico e si de organización do sistema (Que evidentemente está a fallar!).


O Sr. Feijóo ten que ser consciente de que non pode seguir mentindo. E sabémolo!


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE