A hipoteca de 238.000 euros de Feijóo para pagar a súa nova casa en Moaña dá pistas do seu futuro en Galicia

O presidente da Xunta e lider dos populares galegos actualizou o seu patrimonio, en onde conta con diversos inmobles e case 119.000 euros na súa conta corrente, do mesmo xeito que Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, que tamén declarou ter case 230.000 euros na súa conta corrente, ademais dun piso en Vigo. Outros líderes da oposición, como Ana Pontón ou Luís Villares, non actualizaron o seu patrimonio este ano e as últimas modificacións datan de 2017 e 2018 respectivamente. 


|

O presidente da Xunta e lider dos populares galegos actualizou o seu patrimonio, en onde conta con diversos inmobles e case 119.000 euros na súa conta corrente, do mesmo xeito que Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, que tamén declarou ter case 230.000 euros na súa conta corrente, ademais dun piso en Vigo. Outros líderes da oposición, como Ana Pontón ou Luís Villares, non actualizaron o seu patrimonio este ano segundo reflicte o portal do Parlamento de Galicia e as últimas modificacións datan de 2017 e 2018 respectivamente.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece ante os medios no Parlamento de Galicia

Feijóo ten unha hipotéca por valor de 238.000 euros


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou unha hipoteca o pasado 31 de decembro de 2018 por valor de 238.000 euros que irá destinada a pagar a súa nova casa no municipio pontevedrés de Moaña, segundo figura na súa declaración de bens como deputado do Parlamento de Galicia que este venres publicou o Boletín Oficial da Cámara. Isto podería significar que entre os plans de o  líder autonómico non está o dar o salto á política nacional. 

Deste xeito, o titular do Goberno autonómico e líder dos populares galegos conta agora con dúas hipotecas. A primeira foi subscrita no ano 2001 por 270.000 euros e está pendente de liquidar 5.007 euros, 26.898 euros menos que ao comezo da lexislatura.

A data do pasado 31 de decembro, Núñez Feijóo asinou un novo préstamo para a compra da súa nova vivenda en Moaña, que se suma ao patrimonio inmobiliario do mandatario: unha vivenda en Madrid (188.067 euros de valor catastral) e outra en Vigo que conta con garaxe (suman 43.553 euros). Ademais, ten na súa propiedade unha leira rústica en Ames desde o ano 1992.

Por outra banda, o presidente desprendeuse do seu vehículo. Ao comezo da X Lexislatura declaraba posuír un Citröen C Crosser do ano 2011 que xa non figura entre os seus bens.

En canto ás rendas, Feijóo percibe un salario de 81.124,08 euros como presidente da Xunta, 6.220 euros máis que no arranque da lexislatura.

Ademais, percibe 12.300 euros por rendementos de aluguer dun inmoble --1.500 euros máis que en 2016-- e conta con 118.735 euros en depósitos bancarios --55.615 euros menos que fai tres anos--.

Por último, tamén dispón dun plan de pensións de 165.651 euros e mantén 75 accións de Telefónica (con menor valor que fai catro anos.


GONZALO CABALLERO

Pola súa banda, secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, posúe un piso en Vigo con praza de garaxe e ten un total de 229.506 euros na súa conta corrente, segundo as declaracións de bens e dereitos publicadas este venres no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

En concreto, este documento informa de que Gonzalo Caballero conta cun piso na provincia de Pontevedra. Respecto diso, fontes socialistas consultadas por Europa Press precisaron que se trata da súa vivenda na cidade de Vigo.

Os datos coñecidos este venres sinalan que, no exercicio anterior á data desta declaración, o xefe de filas dos socialistas galegos, que exercía o seu labor profesional como profesor de Economía na Universidade de Vigo (UVig), percibiu un total de 46.431 euros en concepto de remuneración salarial.

O dirixente socialista, que presentou as súas credenciais na Cámara galega o 17 de xullo de 2019, informa de que está casado en réxime de separación de bens e de que ten un total de 3.025 euros en accións do Banco Santander.

O Boletín Oficial do Parlamento de Galicia publica este venres as declaracións de bens actualizadas dos novos deputados que entraron na Cámara, dos que abandonaron o Pazo do Hórreo, así como dos que modificaron os seus bens ao facer algunha adquisición ou venda.

Ademais, os documentos foron publicados despois dos servizos da Cámara galega comprobasen que estivesen cubertos de forma correcta e emendasen os erros. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE