Desde hoxe a Xunta bonificará o 15% do que gastemos en mellorar a eficiencia enerxética das nosas casas

O fin do imposto sobre herdanzas, que antes pagaban os patrimonios maiores a 400.000 euros e agora só os superiores ao millón de euros, é outra das novidades fiscais a nivel autonómico para 2020.


|

O fin do imposto sobre herdanzas, que antes pagaban os patrimonios maiores a 400.000 euros e agora só os superiores ao millón de euros, é outra das novidades fiscais a nivel autonómico para 2020.


Coa chegada do 2020 este mércores entraron xa en vigor os novos orzamentos da Xunta de Galicia e, con eles, novas rebaixas fiscais. Estas contas posibilitan, entre outras medidas, que as herdanzas de ata un millón de euros, salvo a vivenda habitual, queden libre do Imposto de Sucesións.


Imaxe de arquivo de billetes de 50 e 20 euros
Segundo cálculos do Goberno galego, máis do 99,9% dos galegos non terán que pagar este tributo cando reciben unha herdanza de ata un millón de euros dun familiar directo --ascendiente, descendente ou cónxuxe--. Ata o de agora, o límite para a exención eran 400.000 euros.

Así mesmo, o acceso ás reducións xa existentes amplíanse a partir deste 1 de xaneiro para afectar tamén as sucesións de empresas que permanecen dentro do ámbito familiar.

Outra das rebaixas que inclúen os orzamentos autonómicos do 2020 é o descenso pola compra dunha vivenda usada en 3.459 parroquias cualificadas como zonas pouco poboadas (ZPP). Estas representan o 94% do territorio galego, indica a Xunta.


O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presenta no Parlamento os orzamentos da Xunta para 2020



En todas elas, redúcese o Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) do 7% ao 5% no caso de compra de domicilio habitual, e do 10% ao 6% para o resto de vivendas, co obxectivo de "fixar poboación no rural e dinamizar estas zonas", explica a Administración.

Ademais, incorpórase a 'dedución verde' no IRPF para bonificar ata o 15% do custo das actuacións en vivendas que melloren a súa eficiencia enerxética. En total, calquera particular pode bonificarse ata 1.350 euros, máis outros 150 euros para cubrir os custos da emisión do certificado de eficiencia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE