CESM demanda á Xunta que cumpra a demanda "histórica" de establecer unha xornada laboral de 35 horas para todo o persoal sanitario
Un pediatra pasará consulta en quenda de mañá e a área sanitaria busca "normalizar" a cobertura da #PAC, con tres vacantes de catro
A Confederación Intersindical Galega (CIG) asegurou este mércores que realizará as xestións necesarias para reclamar que todas as agresións que padece o persoal sanitario que presta un servizo público sexan consideradas atentado contra a autoridade, independentemente do tipo de contrato que teñan os traballadores afectados.
O sindicato celebrou que o Servizo "asuma" finalmente as súas alegacións
O falecido trátase dun home de 88 anos con patoloxías previas da área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras
Un problema no Servizo Galego de Saúde impediu ao #SERGAS actualizar os datos ao longo da mañá. Con todo, o último informe da Covid-19 mostra un aumento no referido aos contagios, seguindo a pauta que vén marcando desde hai uns días -a razón de taxas é de 1,17, o que se traduce en que na última semana rexistrouse un 17% máis de casos que na anterior-. En só 24 horas detectáronse 254 novos positivos.
Sinónimos: vulnerabilidade, inestabilidade, incerteza, inseguridade, debilidade, fraxilidade e precariedade.
Os traballadores do servizo de Medicina Interna do complexo compostelán, que viviron unha situación crítica o pasado verán pola sobrecarga de traballo que sufriron, remiten un escrito co ‘Plan Funcional do Servizo de Medicina interna do CHUS’ á Xunta, ao SERGAS e a Sanidade. No texto, composto de 75 páxinas, subliñan o déficit de especialistas que presenta o servizo, a precariedade que sofren e o risco que todo isto entraña “para a calidade asistencial en todos os hospitais”.
A plataforma inicia este domingo 25 de setembro a rolda de recollida de firmas que levará á organización por disntintos municipios da Costa da Morte.
A transmisión da covid segue cos seus lixeiros vaivéns nunha situación estable e transmisión modesta, con 111 casos comunicados hoxe. As curvas de hospitalizacións e decesos xa non son tan boas como en agosto e estamos en mínimos históricos de presión sobre as UCIs.
Galicia recibiu ata o momento 315 vacinas contra as viruela do mono das 12.400 Jynneos que chegaron a España e que se administran, segundo os criterios establecidos polo Goberno central, priorizando contactos estreitos de casos confirmados e persoas con prácticas de risco.
O Colexio de Médicos de Pontevedra mostrou a súa satisfacción e aplaudiu os cambios na xerencia da área sanitaria
Confírmase a meningoencefalitis como causa das 2 mortes por varíola do mono
A comunidade galega segue ofrecendo datos moi alentadores en canto ao avance da pandemia. O coronavirus retrocede en Galicia, onde os niveis de transmisión son cada vez máis baixos. Con todo, hoxe rexístrase un lixeiro repunte de casos activos -o primeiro nunha semana-, con 45 máis.
Os 108 casos abertos comunicados este luns son case a metade que os coñecidos o pasado luns. Esta fin de semana fixéronse poucas PCR pero o importante, as medias dos índices de transmisión seguen á baixa sen que a taxa de positividade rebote. Pódese concluír por tanto que os contagios seguen reducíndose.
Os problemas de Ponte Caldelas coa falta de sanitarios do SERGAS son outro exemplo máis de como o sistema público de Atención Primaria bordea o colapso total en moitas zonas do rural, especialmente no verán.
A comisaria de Saúde, Stella Kyriakides, pediu este luns aos gobernos europeos que aceleren a administración dunha segunda dose de reforzo da vacina contra o coronavirus á poboación maior de 60 anos e a pacientes de alto risco, en liña coas recomendacións emitidas pola Axencia Europea do Medicamento (EMA) e do Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades (ECDC).
A situación de colapso na Atención Primaria e a falta de medios está a provocar, aparentemente, episodios como o ocorrido en Lalín, onde un veciño de Donsión morreu esperando 50 minutos pola ambulancia. Os feitos ocorreron o domingo e foron denunciados por Compromio por Lalín. Con todo, a falta de ambulancias non provocou un único suceso. Un atropelado esperou 45 minutos pola asistencia.
A última actualización do Servizo Galego de Saúde destaca por moitas cousas, pero talvez os nove decesos engadidos á macabra conta de falecidos desde o inicio da crise sanitaria sexa o máis alarmante esta xornada. Se os sumamos aos 16 notificados onte, en só dous días, perderon a vida 25 persoas por Covid-19. E estes son, claro, os mortos "recoñecidos" polo SERGAS, xa que cabe lembrar o proceso de cambio no modelo de cálculo. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con Covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave. Desta maneira, queda por completo á interpretación duns e outros que entendemos por "papel crave".