O centro de saúde de Ourol queda sen o seu único médico e o SERGAS só garante o seu remplazo ata o 28 de abril
A situación no municipio lucense é moi delicada, xa que pola baixa do único médico do centro, os días 11, 12 e 13 de abril estiveron sen ninguén no centro de saúde.
Trátase dun de tantos municipios de Galicia "envellecido" e que teñen dificultades para fixar poboación: "Esta situación non é nada boa para que non veña ninguén aquí e os que hai márchense".
Centro de Saúde de Ourol | Foto: Google Maps
O alcalde de Ourol (Lugo), José Luís Pajón, reclamou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que se cubra a baixa do único médico do centro de saúde.
Segundo explicou o alcalde, trátase dunha baixa de dous meses e medio que deixou sen servizo ao cento de saúde e supliuse "provisionalmente" coa incorporación dunha facultativa que permanecerá en Ourol ata finais deste mes.
Pajón xa se dirixiu ao xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, que lle dixo que "fará o posible por cubrilo, pero non prometeu nada porque non teñen persoal".
Ante esta resposta "ambigua", o alcalde chamou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e deixoulle "recado" a través do teléfono, "porque non é de recibo que un concello pequeno, cunha poboación envellecida e dispersa non dispoña de médico".
Este problema comezou o pasado 7 de abril en que non houbo médico, "o 8 si e o 11, e o 12 e o 13 non, incluso o pasado 12 unha muller caera e presentaba unha brecha na fronte e non lla puido atender e tívose que ir a Viveiro".
José Luís Pajón apelou a que se trata dun concello rural, "envellecido e esta situación non é nada boa para que non veña ninguén aquí e os que hai márchense". Por iso, se non se resolve os seus veciños terán que ir a consulta ao municipio de Viveiro, porque a facultativa que teñen agora só permanecerá en Ourol ata o 28 de abril.
Escribe o teu comentario