Miles de persoas claman que "os recortes matan" ante a reiterada falta de médicos do Sergas en Pontecaldelas
Os problemas de Ponte Caldelas coa falta de sanitarios do SERGAS son outro exemplo máis de como o sistema público de Atención Primaria bordea o colapso total en moitas zonas do rural, especialmente no verán.
O alcalde relata que antes tiñan tres médicos de familia para atender a 5.600 veciños. Agora só queda un, polo que na práctica moitas veces están sen galeno. Ademais, só queda un pediatra.
Máis dun milleiro de persoas manifestáronse este domingo en Ponte Caldelas (Pontevedra) por unha atención sanitaria "de calidade" no municipio.
![Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Ponte Caldelas (Pontevedra) por unha](/multimedia/images/5435893.jpg)
Con proclamas comou 'Rueda escoita, Ponte Caldelas está en loita' e 'Queremos máis médicos', os participantes percorreron as rúas que separan o Concello da Alameda de Ponte Caldelas.
Rexeitan así "os continuos recortes que minguan a calidade da atención no centro de saúde e Ponte Caldelas" onde, segundo reclaman, pasouse de ter tres médicos a tan só un, ademais de non contar cunha atención continuada de Pediatría.
![Manifestaciou0301n contra os recortes do SERGAS en Ponte Caldelas](/multimedia/images/5435928.jpg)
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, do PSOE, que tamén participou, destacou que "nunca a atención sanitaria había estado tan debilitada e nunca estiveramos tan mal como neste momento" en referencia á "precariedade" que enfrontan os pacientes que acoden ao centro de saúde da localidade.
Díaz espera que esta manifestación "sirva para que a Xunta de Galicia tome medidas e devólvalle á cidadanía a atención sanitaria de calidade e en igualdade".
Escribe o teu comentario