Sergas

O coronavirus crece por oitavo día consecutivo en Galicia empuxando a tendencia semanal de novo á alza

O ritmo dos contagios a última semana en Ourense é tal que a tendencia galega torceuse significativamente á alza.O domingo o SERGAS detectou 254 positivos.

O coronavirus crece por oitavo día consecutivo en Galicia empuxando a tendencia semanal de novo á alza

O ritmo dos contagios a última semana en Ourense é tal que a tendencia galega torceuse significativamente á alza.O domingo o SERGAS detectou 254 positivos.

Feijóo desmárcase das acusacións e insiste en que as decisións santiarias dependel do Comité Clínico do Sergas
Incide en que son 34 facultativos que "nos guía de forma continuada" e que logo "aprobamos os políticos"
Ourense, costa abaixo e sen freos, fulmina todos os récords de contagios esta xornada e arrastra ao resto de áreas

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que a situacióin na área sanitaria de Ourense comeza a ter un impacto decisivo na evolución da enfermidade no conxunto de Galicia. Este luns as cifras do Sergas arroxan un incremento de 91 novos casos na área ourensá en só 24 horas. É a maior subida desde que comezou a escalada de casos o pasado 20 de setembro.

A alza do coronavirus Ourense non se contaxia por agora ao resto de áreas galegas, cunha gran baixada na Coruña
Galicia rexistrou dous novos falecementos de persoas con coronavirus Covid-19, de usuarios de senllas residencias de Culleredo (A Coruña) e Lobeira (Ourense), e outros 206 positivos.
Feijóo afirma que Galicia cumprirá coa orde de sanidade, pero que os criterios están feitos á medida de Madrid
Feijóo asegura que a Xunta se guiará polos seus propios criterios, que son "máis completos" que os aprobados polo Goberno
Ourense mantén a súa escalada de casos activos; normalidade ou descensos nas demais áreas sanitarias

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que a crise que atravesa a área sanitari de Ourense supón un importante lastre na evolución da comunidade. Tras seis días de descenso diario no número de casos activos, hoxe Galicia volve arroxar datos de subida, aínda que nesta ocasión é unha subida mínima. 



Restricións sanitarias en Sanxenxo, Meis e O Barco; reducen a 5 persoas as reunións en Ourense

As localidades de Sanxenxo e Meis en Pontevedra e O Barco de Valdeorras en Ourense son os novos municipios sobre os que a Xunta anunciou que poñerá en marcha restricións para tratar de frear o aumento de casos de coronavirus.


Santiago de Compostela lidera a sexta xornada seguida de descensos nos casos activos de COVID-19

Os datos de o Servizo Galego de Saúde reflicten, por sexto día consecutivo, que Galicia dá mostras de entrar nunha nova fase nesta segunda onda da enfermidade. As cifras de casos activos de coronavirus descenden en case todas as áreas sanitarias, coa excepción de Ourense, que a pesar de ver crecer as súas cifras tamén ofrece unha retardación nos novos casos positivos. 



Só Ourense ve subir os seus casos de coronavirus nunha xornada de descenso xeneralizado nas áreas galegas

Os datos do Servizo Galego de Saúde son realmente alentadores por quinta xornada consecutiva. Salvo Ourense, en ascenso, o resto de áreas sanitarias galegas arroxan datos moi positivos que levan á comunidade para sufrir un novo descenso nas súas cifras de casos activos. O máis significativo é que os descensos dos últimos días provocaron un cambio no paradigma da comunidade, cuxa evolución era ata onte lenta pero positiva. Hoxe, despois de rexistrar máis de medio centenar de casos menos, a tendencia galega é negativa.



Desaloxan parte do Hospital de Conxo tras un incendio nas instalacións
Un lume orixinado nas instalacións do Hospital de Conxo, de Santiago de Compostela, obrigou a desaloxar parte do inmoble, concretamente na zona de consultas externas preto da entrada principal.
Datos coronavirus Galicia: A Coruña cae por baixo do milleiro de casos activos, descenso en Pontevedra e só soben Ourense e Vigo

Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten esta xornada uns datos moi positivos no referido á evolución dos casos en Galicia. O conxunto das áreas galegas ofrecen un descenso próximo ao centenar de casos activos en só 24 horas e só dúas áreas arroxan datos de subida: Vigo e Ourense.



Boas noticias: os novos contagios de coronavirus e a positividade dos PCR caen a niveis inéditos desde agosto en Galicia


As cifras que se poden deducir do parte do SERGAS de hoxe fomentan o optimismo. Certo que en domingo hubomenos probas do habitual, pero tamén é certo que a taxa de positividade é a menor desde o 7 de agosto e non había tan poucos novos diagnósticos desde o 13 de agosto.

Só os datos á alza de Ourense e Pontevedra emborronan a segunda xornada de descenso de casos de Covid en Galicia

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que na comunidade hai dous escenarios diametralmente distintos: mentres as áreas de Pontevedra e Ourense seguen escalando no seu número de casos activos, áreas como A Coruña ou Santiago de Compostela manteñen un descenso case constante nos seus datos. Con todo, non só as áreas de Pontevedra e Ourense soben esta xornada, xa que Vigo e Lugo, aínda que de maneira menos pronunciada, tamén sofren alteracións nas súas gráficas.

A Xunta non dá os positivos por concellos, que si publica un xornal, pero valora cambiar de política
Realizadas case 200 probas tras o brote detectado na avícola de Cambados (Pontevedra) e o subcomité técnico estuda novas medidas
Volve estar mellor Galicia que España nesta segunda onda? Si, pese non ser das que fai máis PCR

Unha vez que en 2021 podamos comparar os excesos de defuncións de 2020, o lóxico é esperar que a comparación sexa aínda máis favorable para Galicia.Galicia, sétima autonomía de España por poboación, é a novena no total de decesos.

Máis de medio centenar de novos casos na área de Ourense torpedean os datos do coronavirus en Galicia

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian, por segunda xornada seguida, o ascenso no número de casos que se está experimentando na área sanitaria de Ourense e que ten ás autoridades sanitarias moi preocupadas. Esta xornada, na que o conxunto de Galicia só crece nun caso máis desde onte, os datos oscilas entre as subidas pronunciadas de Ourense e Pontevedra e as baixadas tamén significativas nas áreas de Santiago de Compostela e Lugo.


“As residencias e o seu persoal non están deseñados para facer illamentos” advirten os directivos de centros sociais

A Asociación de Directores/as de Residencias Sociais de Galicia (DiReS) atende a Galiciapress para debuxar cal é a situación na que se atopan os xeriátricos galegos, un dos elementos sobre os que a Covid-19 golpeou de forma máis sebera durante o inicio da pandemia, en metade desta segunda onda do coronavirus. 

As áreas de Ourense, Pontevedra e Vigo disparan a gráfica galega do coronavirus: 156 novos casos en 48h

Pola súa banda, a área pontevedresa pasa dos 35 novos casos do martes aos 34 de hoxe. Ferrol, con nove positivos máis, e Santiago de Compostela, con seis, tamén contribúen a este salto nos datos galegos, o que supón a maior subida na comunidade desde o 9 de setembro, cando se descubriu o brote na residencia de Outeiro de Rei.Con máis dun centenar de casos novos, a tendencia galega mantense á alza despois das subidas rexistradas nos últimos días. Estas subidas provocaron de novo un cambio de paradigma, o que se traduce en que, porcentualmente, Galicia evolucione a un ritmo do 0,5% (un 0,3% máis desde onte) cando todo parecía indicar que pronto entraría nunha evolución negativa. Ademais, cabe destacar que esta xornada tamén se rompeu o récord de PCR con 5.518 probas.

​O Colexio de Xornalistas carga contra a Xunta por ser o goberno “máis opaco do Estado” coa cifras do coronavirus

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) critica nun comunicado ao Goberno de Galicia pola súa xestión no referido aos datos oficiais sobre a incidencia da Covid-19 na comunidade. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE