Francisco Javier Puente Prieto é o novo responsable do SERGAS na área Sanitaria de Vigo

O Sergas nomeou a Francisco Javier Puente Prieto como novo xerente da área Sanitaria de Vigo, en substitución de Julio García Comesaña, tras ser designado conselleiro de Sanidade.

|

O doutor xa ocupou a Dirección do Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI)  de Vigo en 2015 e anteriormente foi o número 2 do SERGAS en Ferrol.


O Sergas nomeou a Francisco Javier Puente Prieto como novo xerente da área Sanitaria de Vigo, en substitución de Julio García Comesaña, tras ser designado conselleiro de Sanidade.


Francisco Javier Puente Prieto



TRAXECTORIA PROFESIONAL AMPLA

O novo xerente ata o de agora ocupaba o posto de director de Procesos Asistenciais na área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, informou o Sergas nun comunicado.

O Sergas destacou que "conta cunha ampla traxectoria como xestor na sanidade pública galega", na que xa exerceu diferentes postos de responsabilidade na área de Vigo en etapas anteriores.

Puente Prieto é licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago, especialista en dirección estratéxica de hospitais pola Universidade Politécnica de Valencia.

O novo xerente de Vigo iniciou a súa traxectoria profesional no ámbito da xestión sanitaria como subdirector médico do entón Complexo Cristal-Piñor, indican as mesmas fontes do Sergas, para posteriormente, ocupar o posto de director médico en 1999. En 2000 asumiu a dirección operativa, unha vez integrados os hospitais no CHUO.

Con posterioridade, ocupou en 2007 a xerencia do Hospital comarcal de Monforte de Lemos e a dirección de centros no Chuvi en 2009. A partir de 2012 responsabilizouse da dirección de Procesos Asistenciais na área Sanitaria de Ferrol e, desde 2015 ata 2018, exerceu como director de Procesos na área sanitaria de Vigo ata que se traladó a Ourense.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE