Augas de Galicia considera probada a "contaminación química" dos ríos Laña e Brandelos por "a presión mineira"
Os estudos de Augas de Galicia incluirán aos dous ríos no Plan Hidrográfico Galicia Costa con consideracións moi negativas sobre o estado das súas augas.
Os estudos de Augas de Galicia incluirán aos dous ríos no Plan Hidrográfico Galicia Costa con consideracións moi negativas sobre o estado das súas augas.
Incumprimentos "por pH e Selenio" e por "macroinvertebrados" que Augas de Galicia achaca, en parte, á actividade mineira. " Aínda que non se incumpren as normas de calidade ambiental establecidas para a valoración de estado químico", destacan.
Augas do río Brandelos | Foto: Plataforma Veciñal Mina de Touro - O Pino Non
A actividade no terreo da Mina de Touro provocou que os ríos que circulan pola súa contorna non alcancen os parámetros óptimos para Augas de Galicia. Así se desprende do seu último estudo tras as alegacións de organizacións como a 'Plataforma Veciñal Mina de Touro - O Pino Non' para que avaliasen dunha vez por todas a calidade da auga dos afluentes. "O estado dos ríos é peor que bo e confírmase a presenza de selenio, zinc e cobre asociado ao forte impacto da minería", lamenta a plataforma.
Desde o colectivo veciñal denuncian que as exposicións de Augas de Galicia confirman as "sospeitas" e "corroboran as consideracións" sobre a contaminación que sofren os ríos Lañas e Brandelos ao seu paso pola contorna da mina, tal e como incluirá o Plan Hidrográfico Galicia Costa.
SELENIO E MACROINVERTEBRADOS
Sobre o río Lañas, na súa avaliación de estado polas consideracións denunciadas sobre a calidade da auga, as conclusións de Augas de Galicia é que o caudal é "peor que bo". Isto é resultado do "incumprimento da norma de calidade ambiental para o selenio". Do Brandelos, a entidade atopou "elementos biolóxicos e fisicoquímicos xerais". "O estado resultante é peor que bo debido á alteración da comunidade de macroinvertebrados", destaca o texto.
Pola outra banda, sobre as alegacións pola "intensa contaminación" á que están sometidos os dous ríos -afluentes do Ulla, que desemboca na ría de Arousa- pola actividade de Cobre San Rafael na zona. "En base aos resultados derivados, a máis do río Lañas e o río Brandelos presentan incumprimento por pH e Selenio, no primeiro caso, e macroinvertebrados no segundo, elementos e parámetros que penalizan a valoración do estado ecolóxico", di Augas de Galicia.
PRESIÓN MINEIRA
Para a institución débese ao "impacto químico" resultado da "presión mineira". "É de suficiente envergadura como para ser unha das causas principais de que ambas as masas de auga non alcancen o bo estado, aínda que non se incumpren as normas de calidade ambiental establecidas para a valoración de estado químico".
Augas de Galicia fai fincapé en que os dous ríos "non alcanzan o bo estado" e "incumpren os obxectivos ambientais". Así, a ambos se lles "incluirá o impacto de Contaminación Química (CHEM)" no Plan Hidrográfico, así como a consideración de que é a minería uno dos condicionantes do estado desas augas.
Escribe o teu comentario