Arden catro toneladas de cacao en po nunha nave industrial en Coirós

No incendio non se tiveron que lamentar danos persoais


|

Nave de cacao coiru00f3s
A nave atópase situada no Polígono Industrial de Coirós e ten unha dimensión de 1.729 metros cadrados / Foto: Google Street Maps

Esta noite, ao redor das 23:30 horas arderon catro tonelada de cacao en po no interior dunha nave industrial no municipio coruñés de Coirós. A nave está situada no Polígono Industrial de Coirós, no lugar de Parada da parroquia de Santa María de Ois, e ten unhas dimensións de 1.739 metros cadrados.

 

Segundo informou a central de emerxencias do 112 Galicia, non se tiveron que lamentar danos persoais. Ata a zona acudiron os Bombeiros de Betanzos que se encargaron de sufocar as chamas e de retirar o cacao do interior do local. Tamén interviñeron axentes da Garda Civil.

 

Para a retirar a mercadoría do interior da nave foi necesaria a axuda dunha pa, facilitada polo servizo de mantemento de carretereras do Ministerio de Fomento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE