Investigan a morte dun veciño de Carballo de 48 anos que se precipitou desde un quinto piso
Os feitos tiveron lugar na madrugada do xoves ao venres, na rúa Desiderio Varela.
Conmoción en Carballo tras amencer coa noticia da morte dun veciño de 48 anos na rúa Desiderio Varela, desde onde se precipitou ao baleiro na madrugada do xoves ao venres en circunstancias que aínda as autoridades tratan de esclarecer.
SUCESO
Os servizos de emerxencias recibiron a alerta pasada a medianoite, cando atoparon o corpo tendido na rúa dun home de 48 anos que, aparentemente, caera desde o quinto piso dun dos edicios da vía.
Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil e a Policía Local ademais dunha dotación do 061, que, a pesar dos intentos por reanimar ao home, só puido confirmar o falecemento de J. B. R.
Agora é a Benemérita a que está á fronte desta investigación que tratar de pescudar as causas que provocaron a caída do home, que presentaba unha grave lesión no ombreiro e a que tratan de dilucidar si é anterior á caída ou froito da mesma.
Escribe o teu comentario