O coronavirus en Galicia segue retrocedendo, moi aos poucos, pero de forma case constante desde principios de mes

O 5% é o máximo indicado pola OMS para estimar que un brote está baixo control.Estas boas cifras de positividade danse en xornadas nas que o SERGAS mantén o seu nivel de test diarios contorna aos 4.700.  Son máis do dobre dos que facía a principios de agosto.es pronto para afirmar que Galicia dobrou a curva epidemiolóxica dos brotes de estivais.


|

Galicia segue aliviando as súas cifras de coronavirus, aínda que sexa paseniño e cunha evolución moi dispar nas distintas áreas sanitarias. A media de positividade diaria non anda lonxe xa do ansiado 5%, o baremo da OMS para estimar que un foco está baixo control. 


parte da Xunta reflicte uns totais  que, analizados os históricos, reflicten hoxe 16 casos activos menos, 235 altas máis e, desgraciadamente, cinco falecementos onte mércores. Son cifras ata as 19 horas do mércores, cando o SERGAS fai o corte de datos que comunica ao día seguinte. 


Destes números saen un total de 224 novos contaxios, que son máis que onte pero que, en termos xerais, non desvirtúan a lixeira tendencia á baixa que, con excepcións puntuais, Galicia segue desde inicios de mes.



MELLORA A PORCENTAXE DE TEST QUE DÁ POSITIVO

A taxa de positividade encadea dous días por baixo do cinco por cento, onte 4,7 e antonte 4,3. O 5% é o máximo indicado pola OMS para estimar que un brote está bajou control.


Estas boas cifras de positividade danse en xornadas nas que o SERGAS mantén o seu nivel de test diarios contorna aos 4.700.  Son máis do dobre dos que facía a principios de agosto.


É pronto para afirmar que Galicia dobrou a curva epidemiolóxica dos brotes de estivais. Sen dúbida, logrou contela. Está por ver se consegue reducila máis. A evolución dos últimos balances diarios permite certo optimismo. En 5 dos últimos 8 días houbo máis altas que novos contaxios.


Con todo, as cifras dun determinado día poden ser enganosas. Por iso mellor analizar as tendencias, expresadas nas medias móbiles a 7 días (semanais) no gráfico diario de Galiciapress.





A media de diagnósticos diarios queda en 230, con evolución un pouco á baixa, onte eran 237.


A media de positividade diaria colócase en 5,46%, tamén reducíndose amodo, son cinco centésimas menos que onte e a mellor cifra desde o 13 de agosto.


Este tenue alivio tamén se aprecia na evolución diaria relativa dos casos activos. Onte había un 0,4% menos que antonte.  A media móbil semanal queda en -0,2%, segunda xornada seguida con este güarismos negativos, algo que non pasaba desde finais de xullo. 




MORTES E HOSPITALIZACIÓNS

Onde segue sen haber mellora é na cifra de falecementos. Onte o SERGAS contou cinco novos decesos. É de esperar que a curva de falecementos tarde en aliviarse varias semanas máis tarde do pico de contaxios.


Son xa máis de 700 os galegos mortos na pandemia. Afortunadamente, a luctuosa curva non está a crecer co terrible ritmo de primavera, cando houbo días de 30 mortos.




Antes que relaxarse a curva de decesos, debería aliviarse a de hospitalizados. Hoxe hai 201 enfermos de COVID-19 nunha cama convencional, son 10 menos que onte. É o cuarto día consecutivo que este indicador baixa, outra cifra máis á que agarrarse para, esperemos, poder confirmar pronto o declive definitivo dos rebrotes estivais.

Media7



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE