A Xunta critica ao TSXG tras redobrar o seu non ás eólicas
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez tachou de "errónea" e "daniña para o medio ambiente, para Galicia e para a economía" a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) que anula un parque eólico en Mazaricos, A Coruña, por motivos ambientais, a primeira tras a resolución do Tribunal de Xustiza da UE (TJUE) que deu a razón á Xunta en tramitación de proxectos renovables. A Xunta recorrerá o fallo.

Considera que a sentenza do TSXG dálle a razón á Xunta porque "ninguén foi capaz de demostrar que este parque era nocivo para o medio ambiente, "pero sempre hai unha escusa e esta escusa consiste en seguir paralizando o desenvolvemento das enerxías limpas e das enerxías verdes", segundo considera, por motivos de "forma".
En declaracións durante unha visita a Foz (Lugo), onde visitou as obras de mellora do saneamento da localidade, criticou que esta sentenza desautoriza as autorizacións administrativas concedidas polo Tribunal Supremo e polo Tribunal de Xustiza da Unión Europa.
Engade que esta sentenza está baseada nunha "cuestión de forma", xa que os maxistrados basean a anulación en que a declaración de impacto ambiental limitouse ao parque eólico cando se tiña que realizar de forma conxunta coa da liña eléctrica de evacuación, "cando o TS di que non é así". Vázquez aclarou que as liñas de evacuación deben ser compartidas "para evitar ter Galicia chea de postes e cables" e que esa liña "xa lle dá servizo a outro parque e xa foi analizada".
Por iso, a conselleira cre que é unha "sentenza errónea que debería revisar" e, se isto non é así, avanza que "haberá que recorrer de novo ao Supremo". Ademais, reclamou que "alguén se ten que facer responsable do que está a suceder", xa que esta situación o que está a provocar é que: "Non cumpramos os obxectivos marcados, e incumprir é non chegar ao ano 2040 con esa neutralidade climática que todos pregoamos e queremos".
Asegura que medidas como esta provocan "que se sigan emitindo á atmosfera 2,5 millóns de toneladas de CO2".
Escribe o teu comentario