Os penaltis, a salvación do Deportivo da Coruña e a maquillaxe de Yeremay

O 75% dos goles do canario este ano chegaron desde os once metros, dando ao Dépor tres puntos en tres empates.


|

Yeremay gol
Foto: RC Deportivo

 

 

O inicio fulgurante do Deportivo da Coruña nesta tempada 25/26 contrasta coa depresión na que parece sumido o cadro dirixido por Antonio Hidalgo, que leva cinco xornadas segudias sen gañar. En total, un mes e medio practicamente sen coñecer a vitoria, unha pobre bagaxe para un marcador de tres puntos conquistados do últimos quince postos en xogo. O peor é que, nese tempo, o Dépor só foi capaz de ver porta en catro ocasións, e na maioría delas hai dous denominadores comúns: Yeremay e os penaltis.

 

 

O 75%

O futbolista canario é o segundo máximo realizador do equipo con catro tantos, só un menos que Zakaria Eddahchouri. Precisamente, o Dépor non gana desde que se lle secou a pólvora ao nove neerlandés, alá por setembro, cando golearon por 4-0 ao Huesca no mellor momento dos branquiazuis. Desde entón, cinco partidos resumidos en dúas derrotas e tres empates. 

 

Os tres empates foron ante Eibar, Almería e Real Valladolid. O tres terminan con 1-1 no luminoso e con gol de Yeremay, facendo o empate contra armeiros e valisoletanos desde os once metros. Estes goles engádense á conta que abriu na Xornada 3 contra o Leganés, nun empate por 2-2 e transformando unha pena máxima nos minutos finais. Só ante o Almería marcou co balón en xogo, cun formidable disparo imposible para a meta almeriense. Así as cousas, o 75% dos goles que leva Yeremay chegaron desde o punto fatídico. 

 

Yeremay Eibar
Gol de Yeremay ao Eibar | Foto: RC Deportivo

 

A cousa é que este refacho se remonta máis aló deste ano. Dos últimos nove goles con rubrícaa do 10, sete foron de penalti, sumando os tantos ante Mirandés, Granda e Albacete, data na que anotou dúas, un deles no que xa é a súa especialidade. Isto fala do amorne do insular, pero tamén do seu bajón de rendemento, incapaz de ser determinante lonxe dos once metros. 

 

 

A melloría do Deportivo ten que vir necesariamente acompañada da mellor versión de Yemermay, polo que se pelexou media Europa durante o verán, pero que hoxe está lonxe de ser ese futbolista asombroso que chamou a atención do Vello Continente o ano pasado, cando era algo máis que un tirapenaltis, aínda que, iso si, dos bos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE