No complexo hospitalario de Verín son oito os traballadores afectados e todos eles pertencen á unidade de hospitalizados por coronavirus.
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian, un día máis, as diferenzas diametrales entre a situación que se vive nas sete áreas galegas. Mentres que as áreas de Vigo e Pontevedra experimentan unha subida constante nas súas cifras, o resto de áreas sanitarias galegas manteñen unha evolución positiva que oscila entre a baixada continuada de casos activos ou lixeiras subidas.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a comunidade segue rebaixando o seu número de casos activos de coronavirus por segundo día consecutivo e que hoxe conta con case medio centenar de casos menos que onte. Con todo, e aínda que o descenso é bastante pronunciado, as áreas de Vigo e Ourense seguen arroxando datos que lastran a evolución de Galicia no seu conxunto. O escenario en Pontevedra, en cambio, parece mellorar.
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que a provincia de Pontevedra concentra a día de hoxe a maioría de novos casos de coronavirus en Galicia. As áreas de Pontevedra e Vigo acaparan hoxe a práctica totalidade de novos casos positivos rexistrados na comunidade galega, mentres que no resto de áreas a incidencia da enfermidade parece dar pasos que parecen dirixidos a unha retirada.
Os datos do coronavirus de hoxe en Galicia indican que a pandemia segue retrocedendo moi lentamente, aínda que de maneira dispar e cunha Pontevedra con moitos problemas. Este venres o SERGAS comunicou máis casos activos e contagios que o xoves. É correcto entón dicir que o virus segue caendo? Si, porque a Xunta acaba de bater o seu récord de probas, case 5.900. A media de positivos xa está preto dese 5% que marca a OMS para estimar que un foco pode estar controlado.
Os rastreadores telefónicos do coronavirus traballan dunha forma "cáotica total". Son menos de 50 por quenda, sen formación, para seguir a miles de confinados e aos contactos próximos duns 200 novos contaxiados cada día. Este é o resumo do testemuño de María, unha enfermeira que traballou durante meses na nave do Grupo Konecta en Bergondo. Contrastado o seu relato coa Xunta, Sanidade desmente que os teleoperadores carezan de formación e a suposta descordinación co SERGAS.
O 5% é o máximo indicado pola OMS para estimar que un brote está baixo control.Estas boas cifras de positividade danse en xornadas nas que o SERGAS mantén o seu nivel de test diarios contorna aos 4.700. Son máis do dobre dos que facía a principios de agosto.es pronto para afirmar que Galicia dobrou a curva epidemiolóxica dos brotes de estivais.
Unha parella de boirenses denuncia para Galiciapress a inacción do SERGAS despois de permanecer en corentena máis dunha semana á espera de que lles realicen unha proba PCR tras acudir a Urxencias o pasado luns.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación nas áreas sanitarias galegas parece normalizarse despois de varios días de subidas e baixadas. Hoxe catro das sete áreas sanitarias ven crecer as súas cifras, pero en todos os casos as subidas son moi pouco pronunciadas e en ningunha delas supérase os sete casos máis nas últimas 24 horas. Hoxe a comunidade perde 16 casos activos con respecto ás cifras de onte.
Ferrol, cun caso menos en 24 horas, e Ourense, con tres menos, son as áreas nas que se rexistran os descensos menos pronunciados.Tampouco sobresae especialmente a caída na área da Coruña, que pasa de perder onte máis de medio centenar de caso ao apenas nove casos activos menos que arroxa hoxe.
O cancro de próstata non é un problema baladí. Ser o cancro máis frecuente en homes, o segundo máis frecuente entre ambos os sexos, e a terceira causa de morte por cancro en homes, por detrás do cancro de pulmón e do colorrectal así o testemuñan. Diagnosticado en fases avanzadas da enfermidade produce unhas secuelas terribles, como son a incontinencia de ouriños e a disfunción eréctil, ademais dun gasto sanitario para as arcas públicas enorme.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación nas áreas sanitarias de Pontevedra, Santiago e Ourense segue sendo moi delicada e preocupante, especialmente na área da cidade do Lérez.
Os datos de hoxe rompen a variación relativamente boa do coronavirus en Galicia este mes. É alarmante sobre todo a porcentaxe de PCRs positivas, superior ao 8%. A evolución de Pontevedra segue sendo pésima, aínda que hoxe tamén Santiago e Ourense sofren repuntes considerables.
Se o xoves e o venres disparouse por encima do 10%, hoxe queda nun 6,2% e a fin de semana por baixo do 4,4%. Isto permitiu que a media móbil a tres días de contagios diarios baixe a 32, cando chegou a estar en 64 diagnósticos a semana pasada.
Os datos do Servizo Galego de Saúde volven evidenciar que aínda que a situación parece ir normalizándose no conxunto de áreas sanitarias galegas, en Pontevedra o escenario segue sendo bastante preocupante.