Dous brotes máis na cidade de Ourense provocan que a provincia sufra cinco brotes novos en só dous días

As autoridades sanitarias han informado este mércores da detección de dous novos brotes de COVID-19 na cidade de Ourense, que suman en total seis casos activos.

|

Onte apareceron tres brotes na provincia, un deles na capital. Este martes saltan outros dous brotes na urbe.


En concreto, segundo fontes da área sanitaria, detectouse un novo brote de orixe familiar con tres casos activos: un home e unha muller de 72 anos e un menor; así como outro foco que afecta a dúas mulleres de 33 e 28 anos e a un home de 34. Todos eles están xa en illamento.


En total na provincia hai 343 casos activos, de acordo ás cifras desta mañá publicadas polo SERGAS. Son só tres mais que onte. Con todo, estes novos brotes provocarán que, se non hai sorpresas, a gráfica ourensá dispararase de novo o mércores.



BROTES DE MARIÑAMANSA  E MELÓN

Por outra banda, o rastrexo de contactos detectou dous novos casos de coronavirus relacionados co brote de Mariñamansa, os de dous homes de 68 e 24 anos, co que este foco ascende xa a 24 afectados.

Así mesmo, o brote detectado nos pasados días no municipio de Melón ascende a cinco casos, co novo positivo dun home de 58 anos. Tamén sobe nun caso o brote familiar detectado na Rúa --ata os sete--, onde deu positivo un menor.


BOAS NOTICIAS EN VILAMARÍN

Noutra orde de cousas, as PCR de cribado preventivo realizadas aos usuarios e persoal da Residencia Santiago Apóstolo de Vilamarín, tras o positivo dun coidador, resultaron negativos.



UT5uV casos activos de covid 19 no rea sanitaria de ourense (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE