Os positivos de coronavirus baixan na área de Santiago pero xa hai máis de 30 enfermos no hospital e 2 na UCI

|

Os alarmantes datos do coronavirus na área de Santiago - O Barbanza rexistrados a finais da semana pasada han remitido no últimos tres días.


Isto non é produto de que o SERGAS realice menos test, pois todos os días Sanidade completa entre 640 e 690 probas PCR, aproximadamente. 


Afortunadamente, a taxa de positividade esborrallouse a case a metade. Se o xoves e o venres disparouse por encima do 10%, hoxe queda nun 6,2% e a fin de semana por baixo do 4,4%. 


Isto permitiu que a media móbil a tres días de contagios diarios baixe a 32, cando chegou a estar en 64 diagnósticos a semana pasada. A media móbil de % de positivos está no 4,98%.





O que non quere dicir que a situación estea do todo controlada. Os 40 novos positivos comunicados hoxe supoñen unha aceleración signficativa fronte aos 27 e 29 de sábado e domingo, respectivamente. 


En todo caso, os rebrotes están a notarse xa na carga de traballo de o CHUS. O Hospital de Santiago empezou o mes con só 9 pacientes e dúas semanas despois suma xa 34. 


Dous deles seguen ingresados en coidados intensivos. Por agora, faleceron tres persoas no que levamos de mes.


Mq8BG coronavirus en santiago evoluci n recente nbsp





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress