O HULA organiza unha camiñada para concienciar sobre o cancro de próstata
Actualmente, a Xunta ten en marcha un proxecto piloto de cribado de cancro de próstata para ser suficiente na detección precoz desta enfermidade
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, sumouse este domingo en Lugo á camiñada organizada polos servizos de oncoloxía médica e de urología do Hospital Universitario Lucus Augusti, con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Próstata, que se conmemora o 11 de xuño.
Segundo informou a Xunta, esta actividade pretende concienciar sobre o cancro de próstata, avogando pola prevención e a súa detección temperá.
Actualmente, a Xunta ten en marcha un proxecto piloto de cribado de cancro de próstata para ser suficiente na detección precoz desta enfermidade. Está a ser desenvolvido na área sanitaria de Ferrol co obxectivo de chegar a 12.000 homes de 50 a 69 anos.
A Consellería de Sanidade traballa tamén en introducir a intelixencia artificial no diagnóstico de enfermidades urolóxicas para aumentar a precisión e reducir o tempo na detección de lesións malignas.
Escribe o teu comentario