O cancro de próstata non é un problema baladí. Ser o cancro máis frecuente en homes, o segundo máis frecuente entre ambos os sexos, e a terceira causa de morte por cancro en homes, por detrás do cancro de pulmón e do colorrectal así o testemuñan. Diagnosticado en fases avanzadas da enfermidade produce unhas secuelas terribles, como son a incontinencia de ouriños e a disfunción eréctil, ademais dun gasto sanitario para as arcas públicas enorme.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación nas áreas sanitarias de Pontevedra, Santiago e Ourense segue sendo moi delicada e preocupante, especialmente na área da cidade do Lérez.
Os datos de hoxe rompen a variación relativamente boa do coronavirus en Galicia este mes. É alarmante sobre todo a porcentaxe de PCRs positivas, superior ao 8%. A evolución de Pontevedra segue sendo pésima, aínda que hoxe tamén Santiago e Ourense sofren repuntes considerables.
Se o xoves e o venres disparouse por encima do 10%, hoxe queda nun 6,2% e a fin de semana por baixo do 4,4%. Isto permitiu que a media móbil a tres días de contagios diarios baixe a 32, cando chegou a estar en 64 diagnósticos a semana pasada.
Os datos do Servizo Galego de Saúde volven evidenciar que aínda que a situación parece ir normalizándose no conxunto de áreas sanitarias galegas, en Pontevedra o escenario segue sendo bastante preocupante.
Asociacións de familiares, sindicatos, Goberno, oposición, operadores de residencias ... Moitas son as voces que se escoitaron estes meses ao fío da traxedia do coronavirus nas residencias de anciáns. Non se prestou tanta atención aos máximos responsables do día, os directores deses centros, que agora saen á palestra para esixirlle á Administración un mando único e criticar as intervencións.
Como leva días indicando Galiciapress, a situación mellora aos poucos. A Coruña, Vigo e Santiago parecen estar a dobregar a súa curva. Isto nótase no cómputo de casos activos galegos, que cae por vez primeira desde o 27 de xuño. Agora ben, a cifra de só 161 contagios detectados onte está condicionada polo menor número de PCRs deste mes.
A catro días do inicio do curso escolar marcado polo medo ao coronavirus o presidente cambia á responsable de Educación e ao de Sanidade. Por que? Feijóo vende a marcha de Almuiña como unha petición propia e a de Pomar como unha necesidade de reducir o número de consellerías.
As esperanzas de que Galicia poida estar preto do pico dos seus rebrotes estivais segue aí, aínda que hoxe afástase un pouco. Dos datos do xoves do SERGAS pódese deducir que apareceron outra vez máis de 300 positivos nun día e que a taxa de positividade volve subir por encima do 6%.
En que basea o SERGAS as novas restricións para Ourense, Santiago, Santa Comba, Carballo e A Laracha? O panorama que debuxa no DOG é preocupante. Sobre todo en Santiago, onde descubriu numerosas cadeas de transmisión relacionadas co ximnasio público, e en Ourense, onde hai moitas persoas maiores afectadas.
Arrinca a lexislatura no Parlamento de Galicia con intención de chegar a un acordo pola reconstrución unha vez que se supere o desastre do coronavirus. Agora ben, está por ver se as boas intencións exhibidas por dereita e esquerda concrétase en algo máis alá que unha comisión sobre a reactivación económica.
A Comisión de Atención Primaria da Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) acusa a o SERGAS de "escurantismo", despois de que a Xerencia da área Sanitaria negase información respecto a os rastreadores de contactos de COVID-19 na recente reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian, unha xornada máis, a situación crítica que atravesan as áreas sanitarias de Santiago de Compostela e Lugo, cuxa evolución é alarmante. As dúas áreas manteñen un crecemento alto e constante desde hai xa varios días. En menos dunha semana tanto a área compostelá como área lucense multiplicaron por dúas o número dos seus casos activos.