105 novos casos de COVID-19, case todos na Coruña, manteñen disparada a gráfica galega

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que Galicia, que onte superou o milleiro de casos, continúa coa súa escalada indiscriminada, cun ascenso diario que leva tres días seguidos por encima do centenar. Esta xornada son 105 novos casos que, sumados aos tres días anteriores, significan 331 novos casos en só 72 horas. Estas cifras, que lembran aos peores días da pandemia, son especialmente preocupantes na Coruña, onde a situación para volto a dar un xiro. 


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que Galicia, que onte superou o milleiro de casos, continúa coa súa escalada indiscriminada, cun ascenso diario que leva tres días seguidos por encima do centenar.


Esta xornada son 105 novos casos que, sumados aos tres días anteriores, significan 331 novos casos en só 72 horas. Estas cifras, que lembran aos peores días da pandemia, son especialmente preocupantes na Coruña, onde a situación para volto a dar un xiro. 




A pregunta que se fan moitos nestes momentos é: Alcanzou Galicia e, en particular, A Coruña o pico deste rebrote? Aínda que é aínda moi pronto como para dar unha resposta definitiva, o certo é que despois de que onte os algarismos mellorasen con respecto aos datos do SERGAS ofrecidos o xoves, hoxe a gráfica volve dispararse cuns números moi preocupantes: 82 novos casos. 


Isto significa que o 78% dos novos casos detectados en Galicia pertencen ao área sanitaria da Coruña. Doutra banda, dos 1.158 casos activos na comunidade, tres quintas partes atópanse na área sanitarias coruñesa. 


Con todo, sempre é máis relevante fixarse na tendencia xeral que nas cifras de determinado día, unha gráfica que volve anunciar unha tendencia alarmanete, aínda que non é tan mala como a de onte. A media móbil a sete días de casos activos en Galicia está a crecer un 11,7% cada xornada, unha porcentaxe moi alta pero sensiblemente máis baixo que o 13,2% que arroxaba onte, que foi o seu máximo valor desde o principio dos rebrotes.



RESTO DE ÁREAS

Aínda que A Coruña é a área que atrae todas as miradas, é importante destacar que non só crece a área herculina esta xornada. Salvo Vigo -cinco casos menos en 24 horas- todas as áreas galegas ven subir as súas cifras. 


Das áreas en ascenso a de Santiago de Compostela, con só catro casos novos, é a que menos crece. Isto rompe coa súa serie de dous días seguidos reducindo casos, algo non visto en Galicia en moito tempo e que a achegaba a ser a área menos afectada da comunidade. Con todo, os catro casos novos afástana desa posibilidade, deixando a Ferrol, con 42 casos activos, como a área menos afectada, aínda que a tendencia na área departamental, moi condicionada polo brote de Cerdido, é peor que na capital. 


Doutra banda, os pequenos brotes detectados nas últimas horas en Ourense e Lugo tamén fan crecer os datos destas áreas sanitarias, con cinco novos casos cada unha. Nese sentido, a peor parada esta xornada é Pontevedra, que engade sete novos casos á súa gráfica. 





Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este sábado 15 de agosto o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.158, dos cales 700 son da área da Coruña, 104 de Lugo, 78 de Ourense, 59 de Pontevedra, 129 da área de Vigo, 46 de Santiago e 42 de Ferrol.




Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (12)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE