A app 'Passcovid' será tanto para galegos como visitantes e facilitará a comunicación de cidadáns e sanitarios

A descarga e uso da aplicación terá carácter voluntario e estará dispoñible para residentes e visitantes en Galicia

|

A Consellería de Sanidade ultima a posta en marcha da app 'Passcovid' que agrupa utilidades para facilitar a comunicación entre os cidadáns e os servizos sanitarios no marco da crise polo coronavirus COVID-19.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sandiade, na reunión do comité clínico


Segundo informou Sanidade, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a orde da Consellería de Sanidade pola que se regula o sistema de información 'Passcovid', que desenvolve a Xunta como medida complementaria na xestión da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

A aplicación 'Passcovid', explica Sanidade, "actuará como canle telemática e preferente de contacto con residentes e transeúntes en Galicia, conectada co Servizo Galego de Saúde e a Central de Rastrexo de contacos e a aplicación estatal RadarCovid, como un complemento para o traceo automático de contactos".

A través de 'Passcovid' recibirase o código alfanumérico que debe introducirse en RadarCovid no caso de que, "de forma voluntaria", matiza Sanidade, "a persoa desexe reportar o positivo".

Entre as funcionalidades que integran a aplicación galega, destacou Sanidade, inclúese achegar "información relevante e consellos sobre a evolución da Covid-19 en Galicia, anunciar a adopción de medidas ou os protocolos vixentes, e mesmo trasladar recomendacións sobre o modo de como afrontar a actual situación sanitaria".


OPTIMIZAR A XESTIÓN

Con a intención de "optimizar ao máximo a xestión e control da expansión do virus na comunidade", incide a Consellería, "a axilidade da nova ferramenta de participación cidadá, permitirá adoptar medidas adecuadas cunha maior celeridade e precisión segundo evolucione a situación epidemiolóxica"


O novo sistema de información, en fase de pilotaxe na actualidade, estará dispoñible para as persoas usuarias a través dunha aplicación para dispositivos móbiles e poderá ser utilizado por calquera persoa, maior de idade, que resida ou se atope temporalmente na Comunidade galega.

Por iso, o acceso e uso da aplicación por menores de idade está limitado a aquelas funcionalidades do sistema que non requiran do tratamento dos seus datos persoais.

Sanidade sinalou que tanto a instalación da aplicación como a habilitación de cada unha das súas funcionalidades e o seu uso "serán sempre voluntarios, garantindo a privacidade e confidencialidade dos datos que se introduzan na mesma".

Deste xeito, a Xunta asegura que "agrupa nunha única app un conxunto de utilidades para cidadanía, que servirán de soporte e axuda para os profesionais sanitarios".


PERFIL ANÓNIMOO PERSONALIZADO

As persoas que descarguen a aplicación 'Passcovid' poderán optar por facelo mediante un perfil personalizado, ou ben, por un perfil anónimo. Este sistema de información 'Passcovid.gal' estará vixente ata a finalización da situación de crise sanitaria, que será declarada polo Goberno estatal ou, de ser posterior, ata o momento da declaración polo Executivo autonómico da finalización da situación de emerxencia sanitaria.


O fin da vixencia do sistema de información será publicado no DOG e, subliña Sanidade, "implicará a inmediata desactivación da app, sen prexuízo de que os datos deban conservarse en cumprimento da normativa sanitaria, ou polo seu valor científico e epidemiolóxico, nese caso conservaranse de forma anónima".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE