A tendencia en Galicia xa é de cen novos casos ao día; esta xornada A Coruña e Ourense volven protagonizar o ascenso

Os datos do Servizo Galego de Saúde volven mostrar a unha comunidade en franco crecemento no referido a novos casos de coronavirus. Coa situación totalmente fóra de control na área da Coruña, agora é Ourense a que empeza a dar un salto importante. Con todo, hoxe o gran xiro chegou coa media móbil a sete días, que deixa o número medio de contagios ao día na última semana por encima do centenar de novos casos: 104 casos ao día segundo esta estatística, constatada polos 118 novos casos confirmados que hoxe elevan a cifra de casos activos ata os 1.400. 




|

Os datos do Servizo Galego de Saúde volven mostrar a unha comunidade en franco crecemento no referido a novos casos de coronavirus. Coa situación totalmente fóra de control na área da Coruña, agora é Ourense a que empeza a dar un salto importante.


Con todo, hoxe o gran xiro chegou coa media móbil a sete días, que deixa o número medio de contagios ao día na última semana por encima do centenar de novos casos: 104 casos ao día segundo esta estatística, constatada polos 118 novos casos confirmados que hoxe elevan a cifra de casos activos ata os 1.400. 



Neste escenario tan negativo os ollos volven dirixirse á área santiaria de A Coruña, que con 73 novos casos, aínda que rebaixa as cifras de onte, volve liderar a gráfica galega e pon ás autoridades sanitarias de novo en aviso sobre se teñen que tomar medidas máis restritivas na área, onde son moitas xa as voces que piden un confinamento como o que se deu na Mariña en xullo. 


A pregunta que se fan moitos nestes momentos é: Alcanzou Galicia e, en particular, A Coruña o pico deste rebrote? Aínda que é aínda moi pronto como para dar unha resposta definitiva, os expertos cren que o pico podería alcanzarse no próximos sete días. 


Isto significa que o 62% dos novos casos detectados en Galicia pertencen ao área sanitaria da Coruña. Doutra banda, dos 1.400 casos activos na comunidade, máis de tres quintas partes atópanse na área sanitarias coruñesa. 


Con todo, sempre é máis relevante fixarse na tendencia xeral que nas cifras de determinado día, unha gráfica que volve anunciar unha tendencia alarmanete, aínda que non é tan mala como a de onte. A media móbil a sete días de casos activos en Galicia está a crecer por encima do 11% cada xornada, unha porcentaxe moi alta pero sensiblemente máis baixo que o 13,2% que arroxaba venres, que foi o seu máximo valor desde o principio dos rebrotes.



OURENSE, UN PERIGO INMEDIATO




Ao área herculina séguelle, unha xornada máis, Ourense, que aínda que ten uns algarismos sensiblemente mellores aos da Coruña, volve poñer en alerta a toda a zona. Onte confirmáronse un brote novo en Laza, de novo importado, con seis afectados -un deles menor- e déronse a coñecer novos contagios nalgúns dos brotes detectados na zona. Hoxe a área ourensá conta con 20 novos casos, o seu maior subida desde que Galicia comezou esta nova escalada de casos.


RESTO DE ÁREAS

O comportamento no resto de áresa sanitarias tampouco é moi esperanzador esta xornada, coa única nota positiva de Lugo, que se mantén nos 110 casos que arroxou onte pese ao brote de Pedrafita. 


Si sobe Pontevedra, que onte só sumou un caso novo pero que este luns conta cunha decena de novos casos. Vigo, que conta con varios brotes confirmados, suman cinco novos casos, os mesmos que gañou onte. Mentres, en Santiago e Ferrol a situación mantense un pouco máis estable: a área da capital suma oito novos casos, talvez vinculados ao brote do cámping de Muros; a área da cidade departamental só engade dous novos casos aos seus algarismos.  



Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este luns 17 de agosto o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.400, dos cales 851 son da área da Coruña, 110 de Lugo, 114 de Ourense, 70 de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 63 de Santiago e 53 de Ferrol.


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (14)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE