​Non se detectou ningún brote nun centro comercial de Santiago de Compostela, como asegura un bulo de WhatsApp

Unha serie de mensaxes percorren os grupos de WhatsApp de media Galicia nos últimos días alertando da aparición dun brote nunha coñecida superficie comercial en Santiago de Compostela. 


|

Unha serie de mensaxes percorren os grupos de WhatsApp de media Galicia nos últimos días alertando da aparición dun brote nunha coñecida superficie comercial en Santiago de Compostela.


Fontes do Complexos Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela desmentiron para Galiciapress despois da consulta realizada ese rumor, que cifraba en máis dunha decena de afectados por ese suposto brote no corazón de Santiago.


Tenda supermercado covid epis equipo



Ante a chamada de varios medios de comunicación, desde o CHUS tiveron que saír ao paso para asegurar que todo se trata dun bulo e que non se detectou ningún brote en ningún dos centros comerciais da capital galega.


Desta forma, e aínda que na mensaxe alertan de evitar na medida do posible a superficie comercial e refírese a varias tendas da mesma como focos da enfermidade, a realidade é que o SERGAS non notificou a presenza de ningún brote destas características na área da capital.


Esta clase de bulos, como o que hai pouco máis dunha semana puxo en alerta a toda a comarca do Barbanza, son un verdadeiro perigo nestes momentos e, desgraciadamente, cada vez son máis frecuentes.


O seu perigo crece especialmente se temos en conta a evolución da enfermidade nunha área sanitaria como a de Santiago de Compostela, onde o número de contagios creceu de forma repentina nos últimos días: só no últimos catro días a área compostelá rexistrou máis de 200 novos casos. “Os bulos de WhatsApp son perigosos, e especialmente con temas como o COVID-19”, alertaban hai uns días para este medio os afectados por outra fake news. 


Bulo


Captura das mensaxes que circulan por WhatsApp nos últimos días


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE