Volve estar mellor Galicia que España nesta segunda onda? Si, pese non ser das que fai máis PCR

Unha vez que en 2021 podamos comparar os excesos de defuncións de 2020, o lóxico é esperar que a comparación sexa aínda máis favorable para Galicia.Galicia, sétima autonomía de España por poboación, é a novena no total de decesos.


|

Galicia navegou a primeira onda do coronavirus significativamente mellor que o conxunto de España. Sucede o mesmo nesta segunda onda? Corre o país o risco que as pésimas cifras de rexións como Madrid acaben trasladándose a Galicia? Para indagar estas cuestións, comparamos gráficamente os valores das principais variables.


MENOS DA METADE DE TAXA DE FALECEMENTOS






En teoría, o parámetro máis fiable para confrontar é o número de falecidos en función da poboación. En España a cifra oficial do mércores era 31.034 decesos. Cantos mortos levamos en Galicia? 721, segundo os datos do Ministerio e da Xunta.  




En Galicia faleceron 282 persoas por cada millón de habitantes. En España son 658 os mortos por millón de habitantes. 


A evolución da curva diaria de falecementos en similar, aínda que en valores logicamente diferentes. Galicia alcanzou o seu pico de fallecimentos en torno ao 10 de abril, uns 10 días despois que España. Unha semana ou máis de atraso na evolución da pandemia que aínda é pronto para saber se se está repetindo nesta segunda onda.







GALICIA, COMO IRÁN EN TAXA DE MORTES

Se Galicia fose un estado independente, colocaríase como o 26º estado do con maior mortaldade, xusto detrás de Irán. Na clasificación de mortos por millón compilada por Worldometer, España está quinta, só por detrás de San Mariño, Perú, Bélxica e Andorra.


Con todo, estas cifras hai que tomalas con prudencia. Non saberemos o verdadeiro impacto da pandemia  ata que podamos comparar as total de falecidos en 2020 coa media de falecidos nos últimos anos. 


En xuño, o Sistema de Monitoraxe da Mortalidade diaria (MoMo) do Estado estimaba que se produciron en España entre 43.000 e 44.000 mortes máis do habitual en 2020 respecto a outros anos.  Por entón, o cómputo oficial de mortos por coronavirus en España andaba polos 28.000. É dicir, posiblemente falecesen uns 14.000 españois por coronavirus que non figuraban nas estatísticas.


As provincias galegas estaban entre as que menos diferenza había entre os decesos rexistrados e os que cabería de esperar un ano normal. A Coruña sería a peor, cun 10,4% máis de óbitos rexistrados fronte aos que cabería de esperar. Unha porcentaxe relevante pero que palidece fronte a outros, polo exemplo o exceso do 135% en Madrid.








Con todas estas cifras sobre a mesa, podemos estimar que a taxa de falecementos española é máis do dobre que a galega, a pesar de que Galicia ten a poboación máis envellecida do Estado e, por tanto, a máis vulnerable. Unha vez que en 2021 podamos comparar os excesos de defuncións de 2020, o lóxico é esperar que a comparación sexa aínda máis favorable para Galicia.


Galicia, sétima autonomía de España por poboación, é a novena no total de decesos.





DIAGNÓSTICOS DE CORONAVIRUS

A comparación por casos de coronavirus é imposible de realizar cun mínimo de rigor. Debido á escaseza de test e ao carácter asintomático da enfermidade en moitos casos, sobre todo entre os máis novos, é evidente que moitísimos enfermos non foron diagnosticados. 


O propio ministro de Sanidade estimou o mércores no Congreso que na primeira onda en España só diagnosticaba 1 de cada 10 casos mentres que na segunda onda estima que diagnostica 6 ou 7 de cada 10.


Así que, asumindo estes déficits, o único que se pode comparar son os diagnósticos. A cifra oficial de España é de 693.556 casos, a de Galicia 19.930. Por tanto, España conta cuns 14.700 diagnosticados por millón de habitantes e Galicia  uns 7.400. Outra comparación favorable a Galicia, cunha taxa case a metade que a española.


En canto ao ritmo da pandemia, as dúas gráficas do acumulado de casos son moi similares. 





Parece, iso si, que lvos diagnósticos en Galicia non empezaron a repuntar significativamente ata principios de agosto, cando o conxunto de España xa levaba varias semanas sufrindo a aceleración da covid-19:






SITUACIÓN ACTUAL


Dado que agora, en teoría, non hai tanta escaseza de test, polo menos en Galicia, as comparativas de diagnósticos a curto prazo si deberían ser bastante fiables. 


De novo Galicia sae favorecida da comparación. A media en España sitúase en 286,86 casos por 100.000 habitantes (día 23 de setembro de 2020) en 14 días . En Galicia a taxa de incindencia a dúas semanas é menos da metade, 116,47. Só Asturias e a Comunidade Valenciana están mellor:




Ademais, a taxa de incidencia de Galicia leva estabilizada sobre os 115-130 casos por 100.000 habitantes cada dúas semanas desde principios de setembro. Estabilización da que non houbo ningún indicio en España ata moi recentemente, e está por ver se se consolida:





HOSPITALIZACIÓNS


A variable de hospitalizacións tamén debería ser bastante fiable. Suponse que nin en Galicia nin en España hai enfermos de coronavirus que quedan sen unha cama de hospital cando a necesitan, sobre todo agora.


Galicia é a segunda comunidade con menos porcentaxe das súas camas convencionais ocupadas por pacientes covid. A media española está en 9,21%, a cifra galega é do 3.06%, só mellorada pola asturiana. 




Algo moi similar sucede coas UCI. Aí Galicia é a mellor na clasificación autonómica, cunha ocupación do 4,4% das UCIS con enfermos de coronavirus, fronte ao 36% de Madrid ou máis do 50% na Rioxa. 




PROBAS 


Onde sae peor parada Galicia é na comparativa de probas diagnósticas. Hai 10 autonomías que realizaron máis PCRs por 1.000 habitantes que Galicia.  Iso a pesar de que o SERGAS acelerou moitísimo este mes, de facer unha media dunhas 2000 PCR a principios de agosto anda xa case nas 5.000 ao día. 





Captura de pantalla 2020 09 24 132139



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE