Melloría xeneralizada nas áreas sanitarias galegas: ningunha supera os sete novos casos de coronavirus esta xornada

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación nas áreas sanitarias galegas parece normalizarse despois de varios días de subidas e baixadas. Hoxe catro das sete áreas sanitarias ven crecer as súas cifras, pero en todos os casos as subidas son moi pouco pronunciadas e en ningunha delas supérase os sete casos máis nas últimas 24 horas. Hoxe a comunidade perde 16 casos activos con respecto ás cifras de onte.




|

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación nas áreas sanitarias galegas parece normalizarse despois de varios días de subidas e baixadas.


Hoxe catro das sete áreas sanitarias ven crecer as súas cifras, pero en todos os casos as subidas son moi pouco pronunciadas e en ningunha delas supérase os sete casos máis nas últimas 24 horas. Hoxe a comunidade perde 16 casos activos con respecto ás cifras de onte.




A mellor noticia esta xornada chega desde a área de Pontevedra. A pesar das restricións que se puxeron en marcha en localidades como Marín ou Silleda a área sanitaria da cidade do Lérez hoxe só crece en sete casos máis. Esta é a menor subida na área pontevedresa desde o 1 de setembro, día no que tamén se engadiron sete novos casos ás cifras oficiais. 


Como Pontevedra a área de Vigo tamén crece hoxe en sete novos casos. Isto significa que a área olívica suma este xoves aos seus algarismos a metade de casos que engadiu onte. Ourense e Ferrol, con tres e un caso novo respectivamente, son as áreas que tamén ven subir as súas cifras esta xornada. 


ÁREAS EN DESCENSO

A área que hoxe arroxa as mellores cifras en Santiago de Compostela, que desde onte perdeu 24 casos activos. Esta baixada tan pronunciada chega despois de que a área compostelá fose unha das que rexistrou máis casos de coronavirus nas escolas infantís. Onte mesmo centros de Dodro, Negreira ou unha gardería municipal da capital alertaron de que se detectaron casos positivos entre os alumnos, o que obligño a poñer a varios estudantes e educadores en corentena. 


Mentres, A Coruña viu nos últimos días como se retardaba o seu ritmo de descenso de casos activos. Cun caso menos desde onte, esta é a menor baixada na área herculina desde o pasado 10 de setembro. Desde entón a caída nas cifras coruñesas foi ininterrompida. Ourense, pola súa banda, perde hoxe nove casos, os mesmos que sumou o pasado mércores. 





Con 16 casos menos, a tendencia galega mantense en descenso despois das subidas rexistradas esta semana. Estas subidas significaron onte que, porcentualmente, Galicia evolucionase a un ritmo do 0,2%, a primeira vez que esta porcentaxe aumenta desde o 26 de agosto. Con todo, isto viuse corrixido  ao non continuar con esa escalada de casos. Onte rexistrouse, prol primeira vez desde xullo, unha evolución na comunidade marcada polo ritmo de caída no número de casos activos: -0,1%. Hoxe esa porcentaxe sitúase no -0,2%. De estabilizarse poderiamos falar de que Galicia comeza a capear a segunda onda.


Segundo os datos de as notas de prensa de o SERGAS, este xoves 17 de setembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.306, dos cales 1.236 son da área da Coruña, 772 de Lugo, 503 de Ourense, 584 de Pontevedra, 394 da área de Vigo, 635 de Santiago e 182 de Ferrol.


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (4)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE