residencia de ancianos

Alertan de tuberculose e falta de enfermeiras na residencia DomusVi de Santiago, onde morreron máis de 50 anciáns por covid

Máis de 50 anciáns faleceron durante a pandemia de coronavirus neste centro e houbo queixas de familiares de falta de medios. O brote actual en DomusVi San Lázaro está agravado pola falta de enfermeiras as 24 horas do día que manda a lei, segundo advirte Comisións Obreiras. 

As traballadoras das residencias empezan unha histórica etapa de mobilizacións en Galicia
Traballadores de residencias xeriátricas privadas e centros de día de Galicia manifestáronse este venres polas rúas do centro de Vigo para denunciar a "precariedade" no seu sector e para reclamar un convenio colectivo "digno", nunha mobilización convocada por CIG, CC.OO. e UXT.
Brotes de covid en Ferrol nunha residencia, Coral Seoane, e un centro de día, Ferrol-Esteiro, con 21 positivos
A Residencia Coral Seoane de Ferrol suma outros 15 casos de Covid-19 aos dous que rexistraba este mércores, polo que se elevan a 17 os usuarios deste centro de atención á discapacidade. Na mesma cidade pechouse un centro de día por seis infeccións.
A Xunta asegura que a residencia de Brives de Cambre "cumpre os protocolos" e que o brote, con 11 casos, grávenos
A residencia de maiores Bribes no municipio coruñés de Cambre conta con 11 usuarios positivos por Covid-19, segundo confirmou este luns a Consellería de Política Social.
O fiscal arquiva a denuncia pola Residencia de Salvaterra onde morreron o 22% e infectáronse o 78% dos maiores
A Fiscalía da área de Vigo arquivou as dilixencias sobre as condicións da residencia de maiores de Salvaterra de Miño (Pontevedra) ao "non poder acreditar o incumprimento grave da normativa administrativa".
Outro brote masivo nunha residencia: 132 positivos no Asilo de Vilalba, intervido pola Xunta
Parte dos usuarios contaxiados serán trasladados á residencia integrada posta en marcha no Cegadi, en Santiago.
Feijoo...o “presidente” de España!

Evidentemente, por seguir mantendo o deterioro sanitario que ben provocando dende que accedeu ao cargo de Presidente de Galicia.Creou en Galicia unha Lei á que chamou, eufemísticamente: Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias: que parece unha Lei que garante a asistencia no Sistema Público...pero non: o que garante é que si pasan máis de 45 días para unha primeira consulta ou unha proba diagnóstica, e si pasan máis de 60 días para unha intervención cirúrxica: PODE IR Á PRIVADA E O SISTEMA SANITARIO PÚBLICO PAGA OS GASTOS!

Tras sete meses os asilos seguen sumando mortes, lémbralle Pontón a un Feijóo que se defende citando ao seu pai (vídeo)
Protagoniza un tenso cara a cara coa nacionalista Ana Pontón, que lle afea a lista de falecementos e pide intervir todas as residencias
Nas residencias de DomusVi hai menos persoal que na primavera, denuncian familiares e traballadoras


"O número de traballadores nas residencias DomusVi é hoxe peor que nos meses duros da pandemia de marzo abril". Así o denuncia Rede, o colectivo galego que axunta a familiares e traballadores destes centros.

Evidencias do coronavirus

A explicación é tan sinxela como dramática polos seus efectos: cando se manexan criterios de rendibilidade e de beneficio (fármacos) por diante da saúde e a vida das persoas (vacinas) suceden estas cousas. No caso especifico de España a pandemia tamén está poñendo en evidencia os grandes déficits e limitacións do actual estado das autonomías que permiten (como por caso sucede con Madrid, Cataluña, Andalucia....) que xestores políticos autenticamente irresponsables poñan a loita partidaria e partidista (neste caso o enfrontamento político cun goberno central das esquerdas) por riba da saúde das persoas.

Ningún positivo entre as máis de 3.000 probas realizadas nas residencias galegas esta semana
As máis de 3.000 probas realizadas durante o segundo cribado en residencias de maiores e centros sociosanitarios iniciado o pasado luns 22 de xuño deron resultado negativo en Covid-19, segundo informa a Consellería de Sanidade este domingo.
A Xunta evacúa os 30 residentes que quedan sen infectar da residencia de Cangas e outros 104 contaxiados quedan alí

Desde San Caetano proporcionáronse os datos que figuran nesta información, pero non se entra a valorar en detalle as queixas. A resposta é do Goberno é a seguinte: "reforzouse o persoal sociosanitario de ambos os dous centros e explicóuselles as medidas de prevención de contaxios e o uso correcto dos equipos de protección individual ( EPIS)".

"Unha puta tolemia, morrerá moita xente porque as cousas están moi mal e o único que fan é tapalo" relata unha enfermeira da residencia de Cangas


Vomitonas sen limpar, 10 traballadoras para máis de 100 anciáns con coronavirus, falta de material básico e contaminación por todas as partes. Este é o relato dunha sanitaria a que a Xunta chamou onte para combater a crise do coronavirus na residencia de maiores DomusVi de Aldán (Cangas), unha durísima descrición ao que tivo acceso Galiciapress. Os datos oficiais din que hai xa seis falecidos e máis de 100 infectados. Se non chegan máis medios xa, o balance final será moito peor porque, di a enfermeira, "non é tan bonito como o poñen pola tele".

Brote de coronavirus na residencia San Carlos de Celanova (Ourense) con 25 casos
A Consellería de Política Social admite "preocupación" por este centro e asegura que calquera decisión que adopte será "sen demora"
A nova residencia de maiores en Pontevedra: 120 prazas e un custo de máis de 10 millóns
A Xunta construirá en Pontevedra unha nova residencia de maiores dotada cunha unidade psicogeriátrica que terá capacidade para 120 persoas. A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que o seu departamento redactará o anteproxecto e agradeceu a "boa disposición" do Concello para a cesión da parcela, de 3.600 metros cadrados.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE