Outro brote masivo nunha residencia: 132 positivos no Asilo de Vilalba, intervido pola Xunta

Parte dos usuarios contaxiados serán trasladados á residencia integrada posta en marcha no Cegadi, en Santiago.

|

Máis de oito meses despois do primeiro estado de alarma case todos os días saltan novos focos de coronavirus en residencias de anciáns en Galicia. O de hoxe é masivo, pois son máis de 110 os anciáns contaxiados.  Hai que lembrar que nos maiores de 80 a letalidade é case do 20%. "Non se aprendeu nada da primeira onda" denuncian familiares e traballadores, que protestaron hoxe ante a Xunta en Vigo polo drama da residencia de Salvaterra.


A Xunta de Galicia interveu a residencia Asilo de Vilalba, na provincia de Lugo, co obxectivo de reforzar o persoal do centro tras detectar un brote da covid-19 que, segundo os últimos datos, ascende xa a 132 positivos --114 usuarios e 18 traballadores--.


Asilo de Vilalba nunha imaxe de Google Street View


Asilo de Vilalba nunha imaxe de Google Street View  


Ao mediodía había Política Social había informado de só 30 positivos pero parece que chegaron o resultado de máis probas, o que desatou a intervención. A Residencia de Persoas Maiores de Vilalba está xestionada por unha fundación local vinculada á Igrexa. Segundo o rexistro da Xunta, ten 160 prazas polo que deron positivo máis do 70% dos anciáns.


Nun comunicado, a Administración autonómica explica que, unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellería de Sanidade e Política Social decidiron tomar esta medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde, tanto dos usuarios como dos traballadores do centro.


TRASLADOS A SANTIAGO

Deste xeito, un equipo de Política Social e outro do Servizo Galego de Saúde (Sergas) están xa desprazados no centro para facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene para facer fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta.


A Xunta promete que "os profesionais do Sergas, así mesmo, velarán pola continuidade dunha atención sanitaria adecuada na residencia". Para iso, parte dos usuarios contaxiados serán trasladados á residencia integrada posta en marcha no Cegadi, en Santiago.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE