Nas residencias de DomusVi hai menos persoal que na primavera, denuncian familiares e traballadoras


"O número de traballadores nas residencias DomusVi é hoxe peor que nos meses duros da pandemia de marzo abril". Así o denuncia Rede, o colectivo galego que axunta a familiares e traballadores destes centros.


|

"O número de traballadores nas residencias DomusVi é hoxe peor que nos meses duros da pandemia de marzo abril". Así o denuncia Rede, o colectivo galego que axunta a familiares e traballadores destes centros.


Galiciapress contactou coa empresa para contrastar a denuncia, sen que DomusVi respondese por agora. A multinacional é o maior operador privado con ánimo de lucro de residencias no país.



Protesta de familiares fronte a unha residencia de DomusVi esta semana

Protesta de familiares diante de Domusvi Barreiro Vigo este domingo


CASE 50 CONTAXIADOS EN OUTEIRO DE REI

Das cinco residencias galegas con usuarios positivos onte, dous eran de DomusVi, a de Lalín con 4 casos e a de Lugo (Outeiro de Rei) con 42 casos.  O grupo tamén ten un positivo entre os seus traballadores de DomusVi Coruña (Oleiros) e DomusVi Monforte, segundo os datos oficiais da Xunta.


Das tres residencias que a Xunta tivo que intervir na primavera, dúas eran de DomusVi, a de Aldán (Cangas) e a de Barreiro (Vigo). O centro de San Lázaro (Santiago) foi outro dos máis afectados, superando o centenar de contagios.


TRABALLADORAS "EXTENUADAS"

A pesar destes antecedentes, Rede clama que "non se reforzou o persoal" e que "non se fan as suplencias debidas polas vacacións".  


O colectivo relaciona os positivos actuais cunha suposta falta de medios e o cansazo do cadro de persoal. "As traballadoras están extenuadas, non dan máis, psíquica e fisicamente", advirten.


Segundo o protocolo vixente, as operarias deben realizarse un test antes de reincorporase tras o descanso estival. Rede asegura que é a Xunta quen asume esta responsabilidade e non sempre, só "cando toca". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE