Feijoo...o “presidente” de España!

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.




“De feito, hai dúas cousas, ciencia e opinión. O primeiro procrea coñecemento,  o último ignorancia”. ( Hipócrates de Cos os, 460 a. C.-370 a. C.). 

 



Despois da ditadura, o estado español convertéuse no Estado das Autonomías (café para todxs) onde Galicia foi considerada unha das 3 Comunidades Históricas. Os seus Presidentes, exerceron o cargo representando xs cidadáns de Galicia. O fixeron mellor ou pior, pero a ningún deles, ocurréuselles exercer de “responsables” no estado español.


Feijoo, é diferente. Él quere incluso, facer Leis que afecten a todo o estado, a así, mandóulle ao Presidente de España unha Lei, para modificar a que xa ten o estado: a NOVA Lei Orgánica de Saúde Pública. E en Galicia, preguntámonos: non ten bastante o sr. Feijoo, cos 11 anos de recortes sanitarios na Comunidade Autónoma que preside, que tamén quere facelos, a nivel do estado? Ten pendente de desenvolver as conclusións do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia (dende novembro do 2019); 16 Comisións Técnicas, que de forma desinteresada, estivemos durante 6 meses traballando. 208 persoas, de diferente ideoloxía, representando a Sindicatos, Partidos Políticos, Asociacións Profesionais, Asociación Científicas, Administración Sanitaria, etc. e sería o soporte para un Novo Modelo de AP en Galicia (aparte doutras conclusións para mellorar o Sistema Sanitario Público).


E que fixo o “doutor” Feijoo? NADA. E por qué non fixo nada? Evidentemente, por seguir mantendo o deterioro sanitario que ben provocando dende que accedeu ao cargo de Presidente de Galicia.


Creou en Galicia unha Lei á que chamou, eufemísticamente: Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias: que parece unha Lei que garante a asistencia no Sistema Público...pero non: o que garante é que si pasan máis de 45 días para unha primeira consulta ou unha proba diagnóstica, e si pasan máis de 60 días para unha intervención cirúrxica: PODE IR Á PRIVADA E O SISTEMA SANITARIO PÚBLICO PAGA OS GASTOS! Si, como remata vostede de ler: o propio sistema crea unha Lei, na que non pon os recursos suficientes para cumplila e o propio sistema xa te deriva á privada...insólito, pero real!


Pero fixo máis, modificou a Lei de Saúde de Galicia, para retirar 4 Áreas Sanitarias, deixando en 7 o total...o que supón que xa non teñen o seu xerentx nin o seu equipo directivo, e pasan a ser xestionadas polo xerentx do hospital da cabeceira da comarca. E aínda máis, nesta Lei, retira os Consellos de Saúde de Área e o Consello de Saúde de Galicia, órganos de participación cidadá e crea os Consellos de Pacientes, deixando unha parte primordial da participación, sin representación.


Pero parece que o cargo de Presidente, venlle pequeno...e si Pedro Sánchez convocou o Estado de Alarma o 13/03/20, él, decreta o Estado de Emerxencia Sanitaria en Galicia...un día antes! Si no estado español, hai entre 50 e 100 rastrexadorxs... en Galicia o sr. Feijoo, dí que ten 6.000….parece un chiste, pero é moi serio. Logo pide 200 rastrexadorxs ao exército español! Este señor, que non é capaz de resolver os problemas sanitarios da terra que él preside, quere dicirlle a españa, como teñen que actuar en temas sanitarios! Non o entendemos. A non ser que a intención sexa o deterioro contínuo e constante da Sanidade Pública en Galicia e o favorecemento da iniciativa privada, que como vemos, día a día, consolídase máis.


O 87% da asistencia xs maiores, realízase en institucións privadas, en mans de fondos voitre e da igresa. Convertéronse en verdadeiras “ratoneiras”, para xs maiores, que en lugar de pasar os últimos anos da súa vida, coa máxima calidade, por culpa dxs xestores destes servizos, ven frustradas as súas espectativas de existencia. E que fai o sr. Feijoo? as “integra” no sistema público, mandando persoal do sistema público...CANDO XÁ É DEMASIADO TARDE: contaxios e mortes, non previstas.


E éste é o gran xestor que botan de menos en Madrid (incluso xente que se dí “progresita”).

Si “Galicia, Galicia, Galicia”... non é bastante para él: QUE MARCHE XA!



 

Xosefina Fernández do brazo de Feijóo ao recibir un premio da Confederación de Empresarios de Galicia



Feijóo coa responsable de Domus Vin Xosefina Fernández


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress