Ningún positivo entre as máis de 3.000 probas realizadas nas residencias galegas esta semana

|

As máis de 3.000 probas realizadas durante o segundo cribado en residencias de maiores e centros sociosanitarios iniciado o pasado luns 22 de xuño deron resultado negativo en Covid-19, segundo informa a Consellería de Sanidade este domingo.


Residencias anciáns




Desde o arranque o pasado luns da segunda mostraxe completa nestes centros leváronse a cabo 3.110 probas, 2.107 a residentes e usuarios e os 1.003 restantes a traballadores.

Equipos das distintas áreas sanitarias de Galicia solicitan as probas para o seu posterior envío ao laboratorio de Vigo para a súa análise, fóra das que se recollen nas áreas da Coruña e Cee e Santiago e Barbanza, que contan cos seus propios laboratorios.

Así as cousas, está previsto que esta segundo cribado termine en todas as residencias "en dúas ou tres semanas", segundo apunta o departamento que encabeza Jesús Vázquez Almuiña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress