108 INFECTADOS, 24 FALECIDOS, 11 SEN IR Ao HOSPITAL

O fiscal arquiva a denuncia pola Residencia de Salvaterra onde morreron o 22% e infectáronse o 78% dos maiores

A Fiscalía da área de Vigo arquivou as dilixencias sobre as condicións da residencia de maiores de Salvaterra de Miño (Pontevedra) ao "non poder acreditar o incumprimento grave da normativa administrativa".

|

Fontes oficiais da Consellería de Política Territorial indicaron a Galiciapress que o centro xamais fora sancionado nos últimos anos, a pesar de ser inspeccionado con regularidade. 


Unha nova inspección, tras a denuncia das traballadoras enviadas pola Xunta, di que non atopa probas, a pesar das fotos remitidas polas operarias; polo que o preito non avanza.


Chagas nun ancián nunha das imagenes achegadas na súa denuncia polas enfermeiras enviadas pola Xunta á Residencia Salvaterra

Chagas nun ancián nunha das imagenes achegadas na súa denuncia polas enfermeiras enviadas pola Xunta á Residencia Salvaterra  


 A Fiscalía da área de Vigo arquivou as dilixencias sobre as condicións da residencia de maiores de Salvaterra de Miño (Pontevedra) ao "non poder acreditar o incumprimento grave da normativa administrativa". A denuncia, tamén remitida á Xunta e a Inspección de Traballo, chegou con numerosas probas gráficas de falta de medios e anciáns con chagas por falta de cambios posturais.


Fontes da Fiscalía confirmaron a Europa Press que se incoaron unhas dilixencias penais que foron arquivadas o pasado 11 de decembro debido a que, tras practicar unha investigación, non foi posible comprobar os incumprimentos denunciados.


SEIS INSPECCIÓNS EN TRES ANOS

Galiciapress preguntou á Xunta se a residencia fora inspeccionada e sancionada. Desde a Administración contestaron que "desde 2017 a Consellería de Política Social realizou seis inspeccións na residencia de Salvaterra, das que dúas levaron a cabo no ano 2017, outras dúas no ano 2019 e dous máis no 2020. Tras cada unha das inspeccións comunicóuselle ao centro os aspectos para corrixir, no caso de que os houbese, e fíxose un seguimento por parte da Inspección de Servizos Sociais para a emenda dos mesmos. Ningunha das inspeccións conlevou, por tanto, proposta de sanción"


É dicir, os inspectores da Xunta atoparon defectos nas súas visitas previas á pandemia, pero non da gravidade suficiente para merecer castigo. Sobre a inspección realizada tras a denuncia das enfermeiras da propia Xunta, o Goberno limitouse a indicar que o seu trámite aínda está en marcha.


A xerencia do centro sempre negou as acusacións das enfermeiras de falta de medios. Tamén asegurou que as familias apoiaban a súa postura e que xamais protestaran por malos tratos. Con todo, polo menos dúas familias puxéronse en contacto con Galiciapress para queixarse do labor da residencia antes da chegada da pandemia. Polo menos unHa desas familias denunciou á Residencia ante a Xunta, pero a Administración non lles deu a razón.


BALANCE ATROZ

O centro foi un dos máis golpeados pola segunda onda do coronavirus tras aparecer un brote a finais de outubro. Está libre de casos desde, aproximadamente, mediados de decembro, cando aínda estaba intervido pola Xunta.


Segundo os datos remitidos por Política Social a Galiciapress, faleceron 24 anciáns, 11 no propio centro, sen ser trasladados a hospitais, e 13 tras ser trasladados a centros sanitarios. 


O  Rexistro da Consellería indica que a Residencia Salvaterra ten 108 prazas. Por tanto  morreron, aproximadamente, o 22% dos anciáns. 


 Cando a Xunta interveu a Residencia había 110 contaxiados, entre eles 84 residentes. Infectáronse pois, aproximadamente, o 78% dos anciáns. 


A FISCALÍA DI QUE NON ATOPOU PROBAS

Dende Fiscalía sinalaron que se efectuou unha inspección tras a denuncia presentada respecto a as condicións dos do centro "sen que nada" se puidese acreditar, "non apreciando nin falta de coidado e atención cara aos residentes nin situación de abandono". Velaquí un dos vídeos filmados no interior da residencia durante a intervención: 








Así mesmo, lembraron que nas actas de inspección do Goberno galego correspondentes a 2019 e 2020 non se reflicten os feitos denunciados.

A Fiscalía da área de Vigo tamén asegurou que recibiu "puntuais informes diarios" da residencia e a Xunta durante a primeira onda da pandemia, entre marzo e xuño, e puido coñecer "as medidas adoptadas, os medios solicitados á Consellería de Sanidade e as intervencións concretas da mesma".

Adicionalmente, o Ministerio Fiscal ha apuntado que se deu traslado no mes de xuño ao pasar a fase III do plan de prevención instaurado pola residencia.


DENUNCIA DE TREGA

En concreto, o pasado mes de novembro, Traballadores de Residencias de Galicia (Trega) denunciou ante a Inspección da Consellería de Política Social que as instalacións de Salvaterra

non reunían "as mínimas condicións" de salubridade e o seu "total abandono".


Precisamente, nese momento, ese centro, que conta con varias prazas subvencionadas, atopábase intervido pola Xunta debido ao número de casos de COVID-19 detectado entre os seus usuarios.

Pola súa banda, o Defensor do Paciente instou á Fiscalía Superior de Galicia a efectuar unha "inmediata actuación e intervención" e pediulle que tivese "empatía e sensibilidade" cos maiores. Tras iso, o fiscal superior da comunidade remitiu o caso á Fiscalía da zona ao entender que se trataba do seu ámbito de competencia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE