"Unha puta tolemia, morrerá moita xente porque as cousas están moi mal e o único que fan é tapalo" relata unha enfermeira da residencia de Cangas


Vomitonas sen limpar, 10 traballadoras para máis de 100 anciáns con coronavirus, falta de material básico e contaminación por todas as partes. Este é o relato dunha sanitaria a que a Xunta chamou onte para combater a crise do coronavirus na residencia de maiores DomusVi de Aldán (Cangas), unha durísima descrición ao que tivo acceso Galiciapress. Os datos oficiais din que hai xa seis falecidos e máis de 100 infectados. Se non chegan máis medios xa, o balance final será moito peor porque, di a enfermeira, "non é tan bonito como o poñen pola tele".


|

Vomitonas sen limpar, 10 traballadoras para máis de 100 anciáns con coronavirus, falta de material básico e contaminación por todas as partes. Este é o relato de unha sanitaria a que a Xunta chamou onte para combater a crise do coronavirus na residencia de maiores DomusVi de Aldán (Cangas), unha durísima descrición ao que tivo acceso Galiciapress. Os datos oficiais din que hai xa seis falecidos e máis de 100 infectados. Se non chegan máis medios xa, o balance final será moito peor porque, di a enfermeira, "non é tan bonito como o poñen pola tele".


Militares da Brilat desifectando  a residencia de anciáns Domus Vi Aldu00e1n   Cangas esta fin de semana cando xa habu00eda varios positivos de coronavirus confirmados, o luns é cando a Xunta admitiu00f3 que habu00eda 99 casos mu00e1s

Militares da Brilat desinfectando a residencia Domus Vin esta fin de semana, antes de que a Xunta admitise que había 100 positivos máis e tomase o control do centro



A descrición desta enferma incide na desprotección dos anciáns:


"Os pacientes, os residentes, que pena danme. Sucios! Vomitonas no chan, do almorzo, seis da tarde sen limpar. Pasa unha p*** limpadora e dígolle, mira, nesta habitación vomitaron. 'Ai!, xa se fará mañá'. Neste centro, que ten capacidade para 170 persoas, dúas persoas de limpiez sólas pola tarde. Podédesvos imaxinar como está o p*** centro".


Galiciapress solicitou a Política Social esta mesma mañá a súa versión da situación en DomusVi Aldán. A Xunta non respondeu por agora. O presidente Alberto Nuñez Feijóo leva días advertindo que a situación en Galicia vai empeorar, especialmente nas residencias de maiores, e solicitando máis medios ao Goberno Central.


A profesional, que fala desde do anonimato, pon en dúbida o balance oficial, que por agora é de seis mortos, máis de 100 positivos en persoas maiores e 17 entre traballadores.


"Isto é unha puta tolemia, vai morrer moita xente, porque as cousas están moi mal feitas e estes o que único que fan é tapalo. (...) En fin, que o saibades, non é todo tan bonito como o poñen na tele".  


No seu testemuño, remitido o martes pola tarde  tras saír de traballar, a especialista cuestiona tanto as cifras oficiais de infectados como os recursos enviados pola Xunta, unha vez que apartou á empresa da xestión este luns:


"Vou traballar, chego a planta, lamentable; se lestes, pon 105 infectados, están todos infectados! Eu estaba nos infectados, que eran 105. Sabedes canto persoal eramos para 105 persoas? Dez. Dez".


A pesar de que en teoría a Administración ten máis medios que as operadoras privadas e a crise non colle por sorpresa a ninguén tras o visto noutras autonomías (o Exército chegou a atopar ancianso mortos sós nas súas camas en varias comunidades), a enfermeira debuxa un panorama de improvisación e sucidade: 


"Vou ao vestiario pido despacho de billetes, non hai despacho de billetes, vexo o vestiario cheo de merda, pero de merda, de merda ata arriba, sobresaía do cubo (...) As habitacións, con bolsas de plástico polo medio, corredores cheos de bolsas de lixo de merda, non hai protocolos de  limpo e de sucio, todo mesturado, mándannos  a repoñer os carros de limpo vestidas de sucio, o control que se supón que é a zona que debe estar limpa, cruzabamos por aí de un lado para outro, horrible".


Segundo o seu relato, son varias as operarias que se negaron traballar mentres Política Social non lles proporcionen equipos de protección individual.


O MÉDICO DO CENTRO DE SAÚDE CONFIRMA As CARENCIAS

Unha descrición cuxo ton coincide coa do médico do SERGAS do PAC de Aldán. Jorge Cameselle denuncia que "as medidas de protección ofrecidas fronte ao Covid-19 foron propias do Terceiro Mundo". O galeno tamén critica as condicións que soportan os operarios de DomusVi antes de que explotase a crise, condicións que coñece por asistir "durante anos" a "múltiples urxencias" alí. 






O doutor aposta por arrimar o ombreiro e deixar as polémicas políticas para despois, pero indica que "a xestión privada neoliberal do noso estado do benestar ten estas cousas".


QUEN É DOMUS VI E PORQUÉ XESTIONA TANTAS RESIDENCIAS GALEGAS?

Hai que lembrar que a residencia de Aldán e moitas outras de Galicia eran de Geriatros, a empresa de servizos sociais financiada por as 'caixas' de aforros galegas. Unha das consecuencias do seu rescate e posterior privatización é que estes activos sociais acabaron en mans da multinacional de orixe francesa, DomusVi.


Moito antes da pandemia do coronavirus, os traballadores desta firma -a operadora privada máis potente no sector en Galicia- levaban xa meses denunciando a falta de recursos e condicións laborais próximas ao "esclavismo", acusacións que a compañía negou lembrando que a Xunta xamais a sancionaba. Os operarios aseguraron que as inspeccións só facíanse aviso previo/previo aviso.


COMO PODEN APARECER 99 POSITIVOS NUN SÓ DÍA?

DomusVi non quixo facer declaracións de maneira explícita desde que se agravou a crise do coronavirus en Galicia, máis aló de pedir que se fagan probas a todos os residentes. Hai que lembrar que no centro de Aldán (Cangas do Morrazo) o número de positivos pasou de 6 a 105 nun só día.


Algo que apunta a que a Xunta non ten -ou polo menos non tiña ata hai uns días- probas suficientes nin sequera para medir a epidemia nunha contorna tan vulnerable como unha residencia de anciáns, onde xa había positivos. O que á súa vez sementa serias dúbidas sobre a fiabilidade dos datos de positivos que proporciona a Administración.


Unha pasada protesta de traballadoras de Domus VIN fronte a unha sede da Xunta


Pasada protesta de traballadoras de DomusVi diante da sede da Xunta en Vigo reclamando máis medios e advertindo de "avós desatendidos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE