A Xunta evacúa os 30 residentes que quedan sen infectar da residencia de Cangas e outros 104 contaxiados quedan alí
Desde San Caetano proporcionáronse os datos que figuran nesta información, pero non se entra a valorar en detalle as queixas. A resposta é do Goberno é a seguinte: "reforzouse o persoal sociosanitario de ambos os dous centros e explicóuselles as medidas de prevención de contaxios e o uso correcto dos equipos de protección individual ( EPIS)".
A Consellería de Política Territorial indica a Galiciapress que "hoxe mesmo trasladaranse ás persoas maiores que deron negativo á residencia de Panxón, Nigrán". A Xunta responde así á tráxica situación da residencia DomusVi de Aldán (Cangas do Morrazo), onde máis do 73% dos anciáns están infectados de coronavirus.
Unha pasada protesta de traballadoras de DomusVi na provincia de Pontevedra fronte á Xunta denunciando que tiña aos avós "desatendidos"
152 prazas dispoñibles, 142 ocupadas, 104 usuarios positivos en COVID-19 e 6 falecidos. Estas son as cifras oficiais que desde a Consellería facilitan a Galiciapress sobre o maior foco de contagios do país. Hai, ademais, "30 usuarios que deron negativo", que son os que van a Nigrán, e "un sen confirmar".
Unha das enfermeiras destinadas pola Xunta ao centro relata unhas deporables condicións cando acudiu a traballar o martes. "Unha puta tolemia, morrerá moita xente porque as cousas están moi mal e o único que fan é tapalo", criticou a sanitaria tras detallar falta de limpeza, seguridade e medios. Segundo ela, había dez enfermeiras para coidar a máis de enfermos de coronavirus.
Galiciapress preguntou a Política Social sobre as supostas deficencias que están a sufrir os anciáns. Desde San Caetano proporcionáronse os datos que figuran nesta información, pero non se entra a valorar en detalle as queixas.
A resposta é do Goberno é a seguinte: "reforzouse o persoal sociosanitario de ambos os dous centros e explicóuselles as medidas de prevención de contaxios e o uso correcto dos equipos de protección individual ( EPIS)". "Enviouse máis material para garantir unha atención idónea e hoxe mesmo trasladarase ás persoas maiores que deron negativo á residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán", engaden fontes oficiais.
De paso lembran que Política Social interveu esta e outro centro de DomusVi en Vigo o luns. Converteunos en "residencias integradas tras facer unha avaliación exhaustiva do estado dos maiores ingresados a través dun equipo do Sergas" . Os motivos foron o "elevado número de positivos e ás condicións do centro".
As queixas sobre DomusVi Aldán non proveñen só do testemuño anónimo da enfermeira publicado por Galiciapress. Testemuño que provén dunha profesional que entrou a traballar o martes, chamada pola Administración tras expulsar a DomusVi da xerencia visto o grave da situación, pois nun día os positivos escalaron de 6 a máis de 100.
Tanto familiares dos ingresados, a través doutros medios de comunicación, como o médico do PAC de Aldán criticaron as condicións en DomusVi Aldán, mesmo antes da crise. Meses atrás traballadores do grupo francés manifestáronse ante a Xunta alertando de falta de medios e condicións de "esclavismo". Familiares alertaron tamén de falta de medios noutros centros. Acusacións que a empresa negou.
Escribe o teu comentario