Evidencias do coronavirus

Manoel Barbeitos
Economista




 Cando levamos practicamente medio ano de pandemia (COVID-19) hai abondo evidencias para sacar unha serie de conclusións importantes relacionadas coa mesma. Seguramente o mais destacable sexa que estamos diante dunha pandemia directamente relacionada co medio ambiente, mais exactamente co impacto e as consecuencias da actividade humana sobre o medio natural, moi especialmente coa invasión incontrolada dos entornos naturais que provocan a transmisión aos seres humanos de virus de orixe animal. Si votamos a vista atrás veremos que esta pandemia (COVID-19) segue o curso de pandemias anteriores (EBOLA, SARS, MERS...) que se non foron tan divulgadas como esta foi porque afectaron maiormente aos países do Sur e apenas chegaron aos do Norte. Pandemias que como nos ven avisando a comunidade científica son consecuencia da crecente agresión humana a natureza e mais en concreto ao mundo animal. Non por casualidade todas estas pandemias teñen a súa orixe en virus que habitan en animais quen son inmunes fronte a eles.


Estamos a comprobar, de forma dramática, como a afirmación de que "os recortes nos servizos públicos matan" é unha verdade indiscutible  


Unha pandemia que está tendo un moi dispar impacto tanto a nivel mundial, o que resultaría lóxico, como entre estados de moi parecido nivel de desenrolo como, por caso, está sucedendo na Unión Europea onde as taxas de mortalidade e letalidade están sendo moi dispares. Diferencias que poñen en evidencia a relación que existe entre estes indicadores e os recursos públicos destinados tanto a prevención da pandemia (mascareillas, batas, guantes) como a atención médica posterior (persoal sanitario, camas, servizos médicos....). Analizando as cifras comprobamos como os estados europeos (por caso España, Italia...) que menores recursos públicos dedicaron a estes servizos de benestar coinciden cos de maior impacto. Deste forma estamos comprobando, de forma dramática, como a afirmación de que "os recortes nos servizos públicos matan" é unha verdade indiscutible.

Non menos relevante é o feito de que as políticas públicas de corte neoliberal (que son maioría) poñen mais o acento na curación que na prevención das pandemias. Unha estratexia que pon en evidencia o enorme poder das industrias farmacéuticas tanto na investigación sanitaria como na comercialización de produtos. Poder que leva a que se lle dea prioridade a investigación nos produtos de tratamento post ou de curación (fármacos) que os exante ou preventivos (vacinas). Por caso, cabe preguntarse por que, si a comunidade científica mundial nos viña avisando desta pandemia dende xa fai algúns anos, non se fixo nada para evitala?, para prevenila?. A explicación é tan sinxela como dramática polos seus efectos: cando se manexan criterios de rendibilidade e de beneficio (fármacos) por diante da saúde e a vida das persoas (vacinas) suceden estas cousas. 



No caso especifico de España a pandemia tamén está poñendo en evidencia os grandes déficits e limitacións do actual estado das autonomías que permiten (como por caso sucede con Madrid, Cataluña, Andalucia....) que xestores políticos autenticamente irresponsables poñan a loita partidaria e partidista (neste caso o enfrontamento político cun goberno central das esquerdas) por riba da saúde das persoas. Velaí que pasen da feroz crítica pola creación dun mando único a continuar coa crítica cando se descentralizan as decisións. Critica que non sería relevante senón se acompañara de xestións autenticamente desastrosas como está sucedendo moi especialmente na Comunidade de Madrid.


Os datos oficias sobre o dispar impacto da pandemia tamén debe servir para comprender i entender o elevado nivel de desigualdade social en España e, xa que logo, en Galicia. Un nivel desigualdade que, por caso, se reflicte no diferente nivel de impacto con taxas de infección moi superiores nas clases populares que nas de rendas altas. As condicións de vida e traballo, mais precarias nas primeiras, repercuten no nivel de impacto da pandemia. Por caso, seguir a corentena resúltalle mais fácil (traballo, vivenda.....) as clases de renda alta que as de renda baixa. Desigualdade que tamén se reflicte a nivel de xénero en prexuizo das mulleres.


Non menos relevante resulta a liberalización total do comercio mundial que trae a mundialización neoliberal. O descontrol que existe sobre o crecente e intenso tráfico de persoas, animais, produtos vexetais.....facilita que os virus poidan percorrer con total liberade e con grande rapidez todo o mundo, de norte a sur de este ao leste, facilitando así a súa expansión e o seu impacto masivo.


A pesar diso non todo son ensinanzas negativas. Esta pandemia tamén puxo en evidencia, de forma indiscutible, a enorme superioridade dos servizos públicos de benestar (sanidade, atención aos maiores.....) sobre a atención privada. Sería mester que os cidadáns non esqueceramos esta ensinanza. Os casos dos Estados Unidos e de Gran Bretaña, como paradigmas en Occidente da privatización dos servizos, deberan seren demostrativos: velaí as elevadísimas taxas de mortalidade e letalidade en estes dous estados. En Galicia temos o exemplo paradigmático do impacto da pandemia nas residencias de maiores que están na súa maioría en mans privadas.



Estamos a comprobar, de forma dramática, como a afirmación de que "os recortes nos servizos públicos matan" é unha verdade indiscutible  




Medio centenar de persoas marchan polo centro de Cangas (Pontevedra) para pedir



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE