Emocionado, Manuel Pereira puido contar por fin no Parlamento de Galicia como o seu tío faleceu nun Punto de Atención Continuada (PAC) cando non había ningún galeno. O portavoz da famlia de José Manuel Brey, a ancián vítima dos recortes, foi o primeiro comparecente da Comsión de Investigación alternativa que lanza a oposición. Os seus reproches ao goberno conservador foron duros, como duras foron as réplicas do PP á Comisión.
Un deterioro que acada dimensións alarmantes pois empeza a afectar a saúde dos propios galegos moi especialmente aos mais vulnerables: nenos/as, persoas maiores, discapacitados/as….
Pódese crea unha comisión de investigación en cada lexislatura se o solicitan un terzo dos 75 deputados que pertenzan a un mesmo grupo parlamentario, ou ben os dous quintos da Cámara
O Sindicato dos Profesionais da Sanidade Pública Galega (Prosagap) denunciou o "desmantelamento" da sanidade galega por parte da Xunta tras a morte dun paciente no Punto de Atención Continuada (PAC) da Estrada sen atención médica
Esixen que se atendan as demandas de persoal da ESAD e mantéñanse o cadro de persoal actual na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra
A política de recortes do Partido Popular en Galicia levou a que moitos dos profesionais que ten a comunidade busquen outras opcións diferentes para exercer o seu traballo. O persoal médico que se forma con moito esforzo (tárdanse 10 anos en completar a formación en Pediatría) queren que ao final da sua carreira de estudo e prácticas, poidan ter un posto de traballo acorde coa súa cualificación e que a administración que os formou (con moi boa preparación e moitos cartos detrás) sexa consecuente e lles proporcione a posibilidade de traballar no seu País. Pero o que sucede é xusto o contrario
O conflito laboral do transporte sanitario público galego continúa en marcha sen que, por agora, haxa perspectivas dun acordo. Sobre a mesa segue a advertencia dos traballadores de ir á folga indefinida a partir de setembro.
Comisións Obreiras denunciou os "recortes de persoal" que acaba de sufrir a unidade de obstetricia do hospital de Ourense e tachou de "falacia" o argumento co que a directiva do hospital xustifica a redución do persoal nesta planta.
Segundo SATSE, e cos datos recompilados de todos os servizos autonómicos de saúde, conclúen que se pecharán 900 camas, "tendo a seguridade de que son máis, xa que a opacidade dalgunhas direccións e xerencias provocou que non se faciliten as cifras correpondientes a algúns centros".
O cadro de persoal do SERGAS recibe uns salarios dos máis baixos entre os sistemas españois de saúde e, ademais, a Xunta non atende á reivindicación de desconxelar os acordos salariais. Denúnciao un sindicato que esixe a apertura inmediata da negociación na mesa sectorial, como fixo Educación.
Cada vez hai mais evidencias de que a década transcorrida dende que estourara a crise financeira (2008) foi unha década perdida para Galicia. Calquera avaliación que se faga a nivel económico, social, político, ambiental e cultural confirma que a situación hoxe non e mellor, senón incluso peor que fai unha década. Unha realidade que si afecta maiormente as clases de rendas medias e baixas –as clases populares- que son abrumadora maioría en Galicia tamén afecta ao país galego no seu conxunto. Galicia está, hoxe por hoxe peor situada no panorama español e internacional que fai unha década.
"A pesar de que o persoal da Farmacia traballa a un ritmo frenético, a medicación diaria pautada aos enfermos está a chegar ao seu destino ata con máis de dúas horas de atraso”. Esta é unha das denuncias que se fai desde a Comisión de Centro do CHUAC para escenificar a "morte" do servizo de farmacia no hospital público da Coruña.
22 de maio do 2011. Probablemente que as clases populares lembrarán esta data como unha das mais negras na historia recente de España e, xa que logo, de Galicia. Unha xornada na que se celebraron eleccións xerais cuxo resultado doulle ao o Partido Popular o control absoluto do Parlamento, o Senado e tamén dos mais importantes órganos xudiciais (Consello Xeral do Poder Xudicial, Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Fiscalía Xeral do Estado). Ganou as eleccións e puxo de presidente a Mariano Rajoy, seguramente un dos políticos mais anódinos e mediocres –non é que os anteriores, por caso J.M. Aznar e J.L. Rodríguez Zapatero, foran especialmente brillantes- que un pode coñecer. Probablemente iso suceda, pero estas clases non deberan esquecer outra data posterior, 26 de xuño do 2016, cando nunhas novas eleccións xerais o Partido Popular volveu a ser o partido mais votado o que lle posibilitou repetir a investidura de Mariano Rajoy como presidente aínda que esta vez fora grazas ao apoio de Ciudadanos. Deste xeito o Partido Popular leva sete anos gobernando en España, os mesmos que Mariano Rajoy leva como presidente. Todo un éxito político para o Partido Popular e para o propio M. Rajoy.
O sindicato convocou 23 concentracións en toda Galicia o domingo 15 de abril
A Coordinadora de Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña denuncia a situación dunha paciente ferrolá
A plataforma ve o presidente "nervioso" polas mobilizacións e que por iso anunciou novos centros de saúde.
SOS Sanidade Pública convoca estas protestas previas a unha "gran manifestación" prevista para o 4 de febreiro.
Pretenden reavivar o debate sobre os recortes aplicados durante a última década
O PSdeG levará ao Parlamento as demandas dos traballadores de que non se reduzan os presupostos do centro.
O líder do PSdeG carga contra a política económica de axuste fiscal da Xunta, a mesma que durante a crise.